Hugo Rodríguez Castro entrevista a Triatreros

Dende hai mais de un ano as portas do Bar “folki” de Vigo o Galo do Vento, énchense de xente para dar cabida a un grupo de catro rapaces, Miguel Canalejo, Omar Ferrín, Tone Martinez e Bea Campos. Catro actores capaces de facer rir ata as paredes. Co seu espectáculo de improvisación “Improperio”, onde non queda monicreque con cabeza, xa teñen percorrido premios, galas, estudios, bares e salas. A nova xeración de actores galegos saben como sacalas castañas do lume, e sacar a xente das casas para ir ó teatro.

617290_376984145721169_224965530_o

 

De onde saídes vos?

Coincidimos na ESAD, nun principio os espectáculos eran para 3 actores coa idea de meter nun dós xogos a convidados. Coñecemos a Bea, convidámola e o fixo tan ben que “tivo que quedar connósco”

Que estades traballando e cal é a vosa formula?

Levamos un ano ,comezamos co café teatro e improvisacións, participamos tamén Premios Marta Sieiro cunha escena de Limpeza de Sangue de Rubén Ruibal, e gañamos o premio á mellor interpretación colectiva.
Primeiro estivemos con Improperio, foi casual. Con xogos de improvisación chegamos a formar una idea que foi “Roma”,fundando unha ”nova nación” (xa que a que temos non funciona) démoslle xeito e formamos unha estrutura cambiante, cunha batería de xogos que nos escolliamos. Recollemos información durante a semana collendo una idea principal dá política, como cuestión sociais, culturais que van cambiando a estrutura. Poden que os xogos coincidan nos espectáculos , menos o comezo que sempre metemos canción protesta. O ano pasado foi Roma e este ano e Improperio D.F. Para facer “impros” tes que estar moi atento ó que ocorre na sociedade para poder metelo no espectáculo.

O público cree que non existe tanta improvisación, pensa que todo está pactado… é iso certo?

Ensaiamos dúas tardes á semana, que a xente di “…ensaian a improvisación…” “¡TRAMPA!”, e mais que un ensaio é unha practica de improvisacións para coller soltura e rapidez para ter claras as técnicas da comedia que intentamos facer. Hai xogos que son validos para practicar a creación de espazos ou de personaxes, pero non son validos para amosar. Como grupo cada un ten un xeito de facer as cousas, somos rápidos de ironía, humor, palabra, moito mais que nas situacións e personaxes.
Somos bastante autodidactas, non temos ningunha figura externa que nos axude, todo é entre nos. Recollemos información en manuais, vídeos, aplicando a nosa visión.

Cambiades de personaxes?

Temos uns roles repartidos, buscamos o que funcionaba nos roles do espectáculo do ano pasado e que volven a estar nesta nova montaxe. Somos os representantes de ese país idílico onde as cousas funcionan moito mellor que aquí, chegamos ós sitios e os colonizamos, demostrando que o seu país (neste caso España) non funciona, mediante os xogos de improvisación.
Nos roles dividímonos como: Bea é a que “pincha e corta”, Miguel é a mascota da anterior proposta que converteuse no ”I.V.E” , Tone é o vicepresidente, leva todo o traballo e Omar é o líder da oposición, o que di non a todo. Collemos as cores da nosa personalidade e as amplificamos, tamén para rirnos un pouco de nós. (escachan coa risa)

Tedes vinculado a Triatreros máis espectáculos que Improperio, como funcionades?

Pois ampliamos miras, dentro de Triatreros como grupo temos una nova montaxe en cartel que se chama Hámster de Santi Cortegoso, cos actores Alba Bermudez y David Novas , a intención é que Triatreros non sexa so café teatro se non algo de teatro de sala.
Vin fotos de vos metidos nun estudio de gravación de voz, como foi?
É un proxecto dun capitulo piloto dunha serie de animación, os personaxes eran tres homes e unha nena que parecían estar feitos para nós. Non está rematado, aínda están traballando na postprodución das voces, o que si darlle as grazas Nuria Montero, que axúdanos na preparación e na coordinación.

A crise e a política estragou a practica en Galicia do teatro, cal é a vosa situación?

Cando nos xurdimos xa estaba todo como está, adaptámonos pensando no que podía funcionar. O noso obxectivo principal é que a xente veña ó teatro, en vista de que agora mesmo os espazos están completamente pechados e as axudas públicas só van cara certas agrupacións, pois por graza ou desgraza estamos ó marxe, nin posemos axudas nin recoñecemento de ningunha institución pública ou profesional.
Se a xente non quere volver ó teatro despois de ir as salas, de que valen as axudas entón? As axudas son necesarias, pero houbo unha burbulla xerando un afastamento entre o público e o teatro.
Nos comezamos a gorra no bar “Galo do Vento”, e se queriamos cobrar a xente tiña que por os cartos. Imos detrás da xente para que volvan outra vez ó teatro. Enganchamos ó publico que chega a repetir, xente nova, e ata temos seguidores. Agora temos unha media de 95 persoas cada 15 días. Esa xente comeza a interesarse, xa non so por Triatreros, se non por máis funcións dentro do Galo do vento, facendo un novo público de teatro.
Queremos crear e axudar en comunidade, en rede, un punto de vista que tentamos expandir. Agora estamos cunha librería de Navia “Hobbit”… facéndolle publicidade, o “noso cuartel general” o Bar Harmony.

E para rematar, unha película e un actor?

Bea: El Padrino, Chaplin.
Miguel: Con faldas y a lo loco, Tony curtis.
Tone: El golpe, Paul Newman.
Omar: Breaking the waves, Luis Tosar.

 

facebook.com/triatrerosgrupodeteatro

Deja un comentario