A longametraxe «Somos xente honrada», favorita dos premios Mestre Mateo 2014 con trece candidaturas
- A serie «Era visto» obtén 9 candidaturas e «Luci» é finalista en 8 categorías
- A gala do audiovisual galego celebrarase o vindeiro 12 de abril no Palexco coruñés
A longametraxe «Somos xente honrada» é finalista en 13 das 26 categorías da duodécima edición dos premios Mestre Mateo, segundo foi anunciado onte pola Academia Galega do Audivisual nun acto presentado por Antonio Mourelos, presidente da AGA, Luís Tosar, vicepresidente, e a actriz Sabela Arán. A gala na que se coñecerán os gañadores desta edición de 2014 terá lugar o vindeiro 12 de abril no Palexco da cidade da Coruña.
Tras «Somos xente honrada», a seguinte produción en número de candidaturas é a serie de televisión «Era visto», que quedou finalista en 9 candidaturas. Síguelle a serie televisiva «Luci» con 8 candidaturas. A película para televisión «Salgadura» obtivo sete candidaturas. Inmediatamente despois, «Inevitable» é finalista en 6 categorías. Con cinco candidaturas están empatados dúas películas para televisión, «Encallados» e «Todos os santos», e unha serie para TV «Gran hotel».
A catro premios aspiran «Padre Casares» e «A Casa da Conexa», as dúas emitidas pola Televisión de Galicia. «Luar» é finalista en 3 categorías e «Galegos no mundo» aspira a dous premios nesta duodécima edición dos premios Mestre Mateo.
Segundo anunciou no acto celebrado onte o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Antonio Mourelos, a gala na que se coñecerán os gañadores desta edición terá lugar o vindeiro 12 de abril no auditorio do Palexco en A Coruña.
Categorías principais
- Na categoría de Longametraxe, as catro finalistas son «9 ondas», «El árbol magnético», «Inevitable» e «Somos xente honrada».
- Na categoría Película para televisión competirán «Encallados», «Salgadura», «Tilda y Jean» e «Todos os santos».
- En Series para televisión, os finalistas son «Era visto!», «Gran Hotel», «Luci» e «Padre Casares».
- Dirección: Alejandro Marzoa, por «Somos xente honrada»; Alfonso Zarauza, por «Encallados”; Carlos Sedes, por «Gran Hotel»; Jorge Coira, por «Luci».
- Interpretación feminina protagonista: Isabel Blanco, por «Todos os Santos»; Mercedes Castro, por «Padre Casares»; Nuncy Valcárcel, por «Luci»; Patricia Vázquez, por «Era Visto!».
- Interpretación feminina de reparto: Covadonga Berdiñas, por «Padre Casares»; Isabel Risco, por «Era Visto!»; Mabel Rivera, por «Inevitable»; Marta Larralde, por «Gran Hotel».
- Interpretación masculina protagonista: Antonio Durán «Morris», por «Padre Casares»; Federico Pérez, por «Era visto!»; Miguel de Lira, por «Somos xente honrada»; Xulio Abonjo, por «Encallados»
- Interpretación masculina de reparto: Federico Luppi, por «Inevitable»; Manuel Manquiña, por «Era Visto!»; Pedro Alonso, por «Gran Hotel»; Ricardo de Barreiro, por «Somos xente honrada”.