FEED 2015 | Foro de Deseño en Galiza

Desde a súa creación en 2006, a DAG, Asociación Galega de Deseñadores, leva desenvolvendo de forma ininterrompida unha serie de iniciativas centradas na promoción e difusión do deseño galego en Galicia e no exterior. Entre todas elas, sobrancea o FEED, o foro que organiza bianualmente e que constitúe xa unha referencia e un punto de encontro para todos os deseñadores e interesados na cultura do deseño no país.

De acordo co seu carácter itinerante -Pontevedra e Compostela acolleron as edicións anteriores do foro- o FEED trasládase este ano á Coruña. A edición deste ano celebrarase o  20 e 21 de novembro e estará articulada ao redor de dous eixos principais:

Open design / Deseño de código aberto / Deseño social.
Deseño web / Deseño de interacción / Tipografía web.

Como vén sendo habitual, no programa proposto coinciden en plano de igualdade deseñadores de referencia do estado e europeos con deseñadores do noso país, sempre co ánimo de fomentar así un intercambio fluído e mutuo de experiencias e coñecementos.

No cartel e folleto fornécese información pormenorizada sobre os colaboradores, participantes, así como sobre os contidos e o formato das xornadas. A mesma información, pero máis ampliada, figura tamén na páxina do evento, á que se pode acceder desde este enlace:

dag.gal/gl/feed2015/

PROGRAMA COMPLETO EN PDF

FEED2015—Cartel_70X50_AF_2

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente. Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario