QUE É EXTRAMUROS?
EXTRAMUROS é o espazo de traballo e creación da compañía teatral ArtesaCía e o estudio de creación audiovisual SrPause Cinescapismo.
EXTRAMUROS é un espazo adicado á expansión de pedagoxías artísticas: ciclos de obradoiros, clases maxistrais, eventos extraordinarios («Fora de portas»): proxeccións de cine independente, recitais, coloquios, sesións de Live Cinema… para tóda-las idades e niveis. A nosa intención é colaborar na formación do sentido crítico e estético da persoa.
EXTRAMUROS é un lugar de encontro e intercambio entre os profesionais e estudantes das artes performativas, plásticas, poéticas e visuais.
EXTRAMUROS é un espazo de exhibición multidisciplinar: exposicións artes plásticas, concertos pequeño formato, pezas escénicas, danza contemporánea…
EXTRAMUROS é un mediador socio-cultural no barrio. Dende as actividades diarias, cursos teatrais infantís, cursos de iniciación ás artes dixitais…ata ó noso programa de residencias artísticas “Acelerador de Creatículas (o barrio como universo)”, onde un grupo de artistas e mediadores sociais entran en contacto co barrio, nun proceso de diálogo, para conformar un proceso creativo que enriquezca tanto ó barrio como ós artistas. O resultado é exposto no barrio, como si dunha galería se tratase.
EXTRAMUROS son o cineasta e artista multimedia Roi Fernández e a creadora e actriz Laura Villaverde.
Roi Fernández (aka SrPause) discurre nas formas híbridas de narración audiovisual dende 2001. SrPause ataca nas frontes do cine, Live Cinema, VJ, motion graphics, videos musicais e promocionais. Tamén de adica profesionalmente á ilustración e deseño gráfico, e gusta de exprimentar con formas polipoéticas e artes da acción. Ademais de en humano, é licenciado en Belas Artes, e posúe un master en Dirección Cinematográfica pola City College of New York, e outro de Sistemas Interactivos pola MECAD/ESDI de Barcelona. A súa obra foi presentada en Galicia, España, Alemaña, UK, Italia, China, EEUU, Colombia, Arxentina, etc.
Laura Villaverde Constrúe realidades aleternativas a través da compañía ArtesaCía dende o 2009, a cabalo entre Galiza e New York. É licenciada en arte dramática pola ESAD (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia). En New York conflúe coa compañía SITI Company e a súa directora Anne Bogart, e durante 2 anos fórmase en profundidade nos métodos escénicos Viewpoints e Suzuki. Ten subido a escenarios de Galicia, New York, Puerto Rico e próximamente Colombia e Rep. Dominicana.