Últimos días da exposición
‘EIDOS DA IMAXE. Grafías dos feitos e do pensamento’
que se clausura este domingo 12 de outubro
————————————-
Últimas prazas para o obradoiro
‘Imaxes da arte, imaxes do coñecemento’
que comeza mañá martes no MARCO
Este domingo 12 de outubro clausúrase nas salas do 1º andar do MARCO a exposición ‘EIDOS DA IMAXE. Grafías dos feitos e do pensamento’. Unha produción da Universidade de Vigo que, a través de obras de artistas, grupos de investigación, e outros creadores invtados, mostra como artistas e científicos comparten a necesidade de obter resolucións gráficas e figurativas dos acontecementos ou dos feitos físicos do mundo.
Exposición ‘EIDOS DA IMAXE. Grafías dos feitos e do pensamento’
Datas 6 xuño – 12 outubro 2014
Lugar MARCO, salas de exposición do 1º andar
Comisario Alberto Ruiz de Samaniego
Coordinador José Manuel Mouriño
Produción MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Proxecto Baliza, Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo
http://www.marcovigo.com/es/content/campos-de-la-imagen-graf-de-los-hechos-y-del-pensamiento
Obradoiros /actividades paralelas
Coincidindo coas dúas últimas semanas da exposición, organizáronse dous obradoiros cuxo obxectivo é afondar no coñecemento das relacións entre arte e ciencia.
O primeiro tivo lugar a semana pasada, e o 7 de outubro comeza o segundo obradoiro, para o que aínda hai prazas. As persoas interesadas poden solicitar as fichas de inscrición na taquilla do MARCO ou a través do correo-e marta.viana@marcovigo.com.
‘Imaxes da arte, imaxes do coñecemento.
Desprazamentos e sintonías entre a investigación artística e a científica’
Actividade do Programa de Doutoramento Campus do Mar e Belas Artes
Coordinadores: Alberto Ruiz de Samaniego e Juan Carlos Meana (Facultade de BB.AA., Uvigo)
Datas: martes 7, mércores 8 e venres 10 de outubro
Lugar: salón de actos e salas de exposición do 1º andar
Participantes: Juan Pimentel (CSIC); Juan Loeck (Facultade de BB.AA., UVigo); Jesús S. Troncoso (Dpto. Ecoloxía e Bioloxía Animal, UVigo); Irene Alejo (Departamento Xeociencias Mariñas, UVigo); Román Corbato (arquitecto, doutorando da Facultade de BB.AA., UVigo)
Dirixido a: estudantes Programa Doutoramento Campus do Mar e Belas Artes, e estudantes da Universidade de Vigo
GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN. Prazas limitadas ata completar aforo
Número de asistentes: 50 persoas
PROGRAMA E CALENDARIO
SESIÓN | DATA + HORARIO | PARTICIPANTE | CONTIDO / TÍTULO |
1ª | Martes 7 ás 18.00 | Juan Pimentel | Conferencia: Anatomías de todo o visible e o invisible. Sobre o papel das imaxes na historia da ciencia |
2ª | Martes 7 ás 19.30 | Alberto Ruiz de Samaniego | Visita guiada á exposición ‘EIDOS DA IMAXE’ |
3ª | Mércores 8 ás 18.00 | Juan Loeck | Cronografía: a dimensión científica da obra de arte |
4ª | Mércores 8 ás 19.30 | Jesús S. Troncoso | Investigacións e expedicións científicas mariñas |
5ª | Venres 10 ás 18.00 | Irene Alejo | Análise de ecosistemas |
6ª | Venres 10 ás 19.30 | Román Corbato | Sistemas de orde do lugar |
+ INFO sobre actividades e programación do MARCO en:
http://www.facebook.com/marcovigo
https://twitter.com/MARCOVigo3