Festival Internacional de Arte na Rúa
ORDES / Do 5 ao 11 de Outubro / 2015
ARTISTAS 2015
SPOK (Madrid)
INO (Atenas )
MALAKKAI (Almería )
DOA ( Galicia )
SABEK (Madrid)
SOBRE O FESTIVAL
DesOrdes Creativas é un festival internacional de arte na rúa que se celebra cada ano en Ordes ( A Coruña – Galiza – Spain) e que reúne en cada edición a unha coidada selección de artistas do millor do panorama galego, estatal e internacional.
O Festival actúa como unha eficaz ferramenta de rexeneración urbana e diálogo social, que convirte vellos espazos en desuso ou abandoados en novos lugares cheos de vida e cor pra o desfrute colectivo. Un grande museo público e gratuíto a ceo aberto.
SOBRE A ORGANIZACIÓN
Este evento é unha iniciativa independente, autoxestionada e sen ánimo de lucro, desenrolada pola Asociación Cultural sen ánimo de lucro Cultivarte e o estudio creativo Mutante.
O festival lévase a cabo cada ano froito da sensibilidade, do esforzo e o amor incondicional de tódolos seus membros, dos seus colaboradores e do traballo altruísta de tódolos artistas que teñen participado ata o de agora.
www.desordescreativas.com