«Nas vindeiras edicións dos Cursos en VigoSónico inclúese o «Curso Básico de Gravación», que vai dirixido, prioritariamente, aos grupos ou solistas que están a ensaiar nalgún dos locais da Concellería de Xuventude.
Lembrarvos que as nosas actividades están, preferiblemente, orientadas a persoas empadroadas en Vigo e con idades comprendidas entre 13 e 35 anos.
O prazo de inscrición comenza o vindeiro martes, día 21 de Maio, ás 10:00h.»
CURSOS:
ADOBE PHOTOSHOP: INICIACIÓN
Duración: 12 horas
Quenda Xuño: sábados 8, 15, 22 e 29
Quenda Xullo: sábados 6, 13, 20 e 27
Horario: de 17:00 a 20:00
Ensinanzas:
– Distintos tipos de arquivos gráficos
– A cor e os seus axustes
– Procesamentos básicos coas imaxes e Filtros
– As capas e as máscaras: funcións
– Subir á web ou imprimir?
CURSO BÁSICO DE GRAVACIÓN
Duración: 16 Horas
Quenda Xuño: venres 7, 14, 21 e 28
Quenda Xullo: venres 5, 12, 19 e 26
Horario: de 16:30 a 20:30
Ensinanzas:
– Fundamentos do son
– Conexións básicas
– O proceso de gravación
– A mestura final
– A masterización
*Terán preferencia as solicitudes de usuarios/as dos locais da Concellería de Xuventude
INFORMÁTICA PARA TRABALLAR
Duración: 10 Horas
Quenda Xuño: xoves 6, 13 e 20
Quenda Xullo: xoves 4, 11 e 18
Horario: de 16:30 a 20:00
Ensinanzas:
– Traballo cooperativo con ferramentas Google: grupos, calendario, recursos compartidos, etc
– Xestión de proxectos con Suites ofimáticas-
– Trucos de ofimática en Informes, Bases datos, etc
*Requírense coñecementos básicos de informática e de correo electrónico
EDICIÓN DE VÍDEO: PERFECCIONAMENTO
Duración: 12 Horas
Quenda Xuño: mércores 5, 12, 19 e 26
Quenda Xullo: mércores 3, 10, 17 e 24
Horario: de 17:00 a 20:00
Ensinanzas:
– Tipos de plano e significado
– A montaxe como ferramenta creativa
– Os Mates e Croma Keys
– Aplicación avanzada de efectos e transicións
– Manipulación e retoque do son
– Renderización final
*Terán preferencia as solicitudes de usuarios/as que teñan realizado o curso de iniciación
FOTOGRAFÍA DIXITAL: INICIACIÓN E SAFARI
Duración: 6 Horas
1ª quenda (iniciación): venres 7 e 14 xuño
2ª quenda (safari): sábado 22 e 29 xuño
3ª quenda (iniciación): sábado 6 e 13 xullo
4ª quenda (safari): sábado 20 e 27 xullo
Horario: de 17:00 a 20:00
Ensinanzas:
INICIACIÓN: Configuración (ISO, f, AF, WB, etc.), Técnicas básicas, Composición básica e Exercicios
SAFARI: Sesión de fotografía no Parque Tecnolóxico con 5 exercicios, Tratamento da sesión en Lightroom
*No Safari terán preferencia as solicitudes de usuarios/as que teñan realizado o curso de iniciación
OBRADOIRO DE SON EN DIRECTO
Duración: 6 Horas
Quenda xuño: venres 28
Quenda xullo: venres 19
Horario: de 16:00 a 22:00
Ensinanzas:
– Aparellos necesarios para facer son
– Micrófonos: tipos e colocación
– As conexións
– A mesa de mesturas e os seus axustes
– Aplicación dos distintos efectos
– Práctica: Proba de son dun grupo
En VigoSónico. Estrada do Portal s/n (Parque Tecnolóxico de Valadares). Vitrasa: U1, C7 e L8
Pódese inscribir nestes cursos a partir dos 21 de maio na dua páxina web, pulsa aquí.