Cursos Audiovisual e Multimedia LAV014

 

Aberto ata o 1 de febreiro o prazo para inscribirse nos cursos de formación audiovisual e multimedia do Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV014)

 

Ata o 1 de febreiro permanece aberta a matrícula para o Laboratorio Audivisual de Vedra, o LAV014, que na fin de semana do 15 e 16 de febreiro volverá ofrecer a afeccionados e profesionais a posibilidade de mellorar os seus coñecementos en diferentes aspectos relacionados co audiovisual e o multimedia.

O programa inclúe 13 obradoiros con contido teórico e práctico, que procuran que os participantes adquiran coñecementos para a súa maior autonomía creativa e expresiva.

A Asociación Senunpeso abriu xa o prazo para inscribirse nas 195 prazas dispoñibles, 15 para cada curso. O programa inclúe 11 cursos para público xeral e dous cursos gratuítos para alumnado de Secundaria. O programa de formación combina as materias máis diversas relacionadas coa linguaxe audiovisual, ao tempo que gaña peso a formación en aspectos relacionados coa comunicación a través de Internet. A través de cursos con contido teórico e práctico, búscase que os participantes gañen autonomía creativa e expresiva.

 

Cursos para público xeral:

Documentais de natureza, con Max Carun
Vídeo de combate, con Roi Guitián e María Lobo
Vídeo con cámara réflex, con Rubén Prieto
Inventos para o audiovisual, con Pepe Penabade
Dirección de fotografía, con Paco Rocha
Interpretación diante da cámara, con Xabier Picallo
Bandas sonoras, con Marcos Payno
Animación dixital, con Leonardo Zuklev e Bibiana Álvarez
Documental web, con María Yáñez
Creación e xestión de webs con WordPress, con Carlos Macías
Linguaxes de marcado lixeiro (Wiki, Markdown), con Iñaki Quenerapú
Cursos gratuítos de 14 para estudantes de ESO
Videoclips, con Miguel Cameselle
Interpretación diante da cámara, con Manolo Cortés

 

 

A inscrición no LAV014 formalízase online a través da páxina web da asociación: www.senunpeso.org.

Os obradoiros, de 14 horas de duración, desenvolveranse na fin de semana do 15 e 16 de febreiro:

11 cursos para afeccionados e profesionais cun prezo de matrícula de 50 € e dous cursos gratuítos para alumnado da ESO.

 

DESCARGA TODA A INFORMACIÓN AQUÍ

 

As xornadas buscan a formación en diferentes aspectos da linguaxe audiovisual e multimedia para a autonomía creativa dos participantes: documentais de natureza, inventos para o audiovisual, bandas sonoras, interpretación diante da cámara, vídeo con réflex, animación dixital, wiki e linguaxes de marcado lixeiro, vídeo de combate…

El pase de diapositivas requiere JavaScript.


 

Máis información en:

www.senunpeso.org
www.facebook.com/Senunpeso
twitter.com/Senunpeso_AC

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente.Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario