CRÓ + TRILITRATE + Intervención artística // Liceo Mutante
Potencia musical nun contexto insuperable.
¿Que é CROSMOLATRE?
CRÓ!
Dende Vigo, estes catro malandríns xa son vellos coñecidos do mutante e de CroaMagazine. Non son a típica banda de rock convencional, senón un rock apaixonado, con sentimento e múltiples influenzas que van dende o jazz ata os sons africanos. Pertencen ó colectivo Metamovida e presentarán o seu último disco “Pera”. Tras abraiarnos con “Onkalo”(2012) ou “Cró!”(2009), damos por seguro que vai ser un directo digno de escoitar. Sendo gañadores de tantos premios, non cremos que tanta xente estea trabucada.
TRILITRATE
Trilitrate é unha das últimas incorporacións do colectivo Metamovida. Xorde en 2010 e componse por membros de diferentes formacións viguesas. Trala súa primeira gravación, tócalles presentar o seu último disco “Faláchesme na man”. Este trío abre, coa súa música, sendeiros novos polos que pasa a improvisación, o noise ou o jazz, e todo isto é aderezado con proxeccións a tempo real. Este verán pasaron por moitos festivais galegos de renome, como o Sinsal San Simón, do que aseguramos que estiveron incribles.
E por se isto fose pouco, o COLECTIVO TOPITO presentará dentro do proxecto “Bóreas” de Laura Iturralde e xunto a xente coma Montse Piñeiro, Elvira Fernández, María Gutierrez, Javier Quintana e Coti Faro unha instalación artística para que o evento sexa o máis especial posible. Van renovar a imaxe do Liceo cunha escenografía brutal. Así que xa sabes, non sexas parvo e vai a pasar unha noite única ó Liceo Mutante.
Abrirán portas ás 20:00h e os concertos comezarán «todo o puntual que poidan». Haberá un donativo de 5€ para as bandas e terán comida e bebida ós prezos de sempre.