CONCURSO DE CARTEIS RECONQUISTA DE VIGO

Fecha de Entrega (Plazo Final de Admisión o Fecha de celebración): 17/01/2014

O obxectivo deste concurso é seleccionar un cartel para empregar na divulgación do programa da Reconquista da Vila de Vigo 2014, que organiza a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo (dende agora AVC Casco Vello) en colaboración co Concello de Vigo.

Neste concurso poden participar todas as persoas físicas ou xurídicas, e poderán presentar cada unha delas unha obra, coa condición de que sexan inéditas.

Os orixinais realizaranse verticalmente, en papel de 29.7×42 cm (A3), e presentaranse protexidos e montados sobre soporte ríxido e desmontable, que permita a súa perfecta exposición. A técnica utilizable será libre dentro dos límites usuais para permitir unha normal reprodución fotomecánica. Entregarase copia en soporte informático (jpg, bmp, png) cunha resolución mínima de 300 ppp.

En ningún caso se admitirá o uso de imaxes sobre as que non se teña a propiedade, ou permiso expreso sobre as mesmas.

No caso de remitirse facturados, a AVC Casco Vello non responderá de posibles danos nin extravíos, como tampouco da súa devolución.

A AVC Casco Vello non responderá dos posibles danos que poidan sufrir os carteis como consecuencia do seu transporte, manipulación, montaxe e desmontase. Por este motivo recoméndase que os carteis se presenten en soporte de cartón-pluma, cartón ou similar, evitando o emprego de cristal, metacrilato, enmarcado, etc.

Os orixinais deberán incluír necesariamente os seguintes textos:

Reconquista da Vila de Vigo, 28, 29 e 30, 2014,
declarada de interese turístico galego

Logotipo da AVC Casco Vello descargar
Logotipo do Concello de Vigo descargar

A AVC Casco Vello corrixirá os posibles erros dos textos que figuren nas obras, así como calquera modificación de datas ou doutro tipo que puidesen xurdir. Tamén se reservará a facultade de modificar ou substituír o logotipo que apareza no orixinal, así como de variar a súa localización na composición definitiva do cartel que se edite.

Os carteis presentaranse no local da AVC Casco Vello, rúa Cánovas del Castillo 2, baixo, en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas. O prazo de presentación será do 11-12-2013 ao 17-01-2014. Non serán admitidos os carteis que se reciban con posterioridade á data e hora indicadas, calquera que sexa a causa do retraso. O fallo do xurado farase público e anunciarase oportunamente.

Estas bases publicaranse a través dos medios de comunicación e estarán a disposición das persoas interesadas no propio local da Asociación, así como, na web: www.avcascovello.com.

Cando os traballos se presenten persoalmente, facilitarase un recibo que se cambiará no seu día polo traballo presentado. Os que se reciban facturados serán devoltos, se así o solicitan, unha vez verificado o concurso, con cargo a/o autor/a

Transcorrido o prazo de 30 días naturais, contados dende a data de celebración da festa, sen que as/os autoras/es dos traballos non premiados os recollesen, entenderase que renuncian a estes, e a Asociación poderá dispor libremente deles, sen recoñecer dereitos de reclamación ou indemnización de ningunha clase.

Os traballos serán presentados sen sinatura do autor/a e baixo o lema que estará escrito no dorso do cartel, acompañados dun sobre pechado que porá no seu exterior o mesmo lema. No interior do sobre depositaranse unha nota escrita a máquina co nome e apelidos da persoa que realizara o deseño, enderezo, número de teléfono e NIF ou CIF correspondente.

As obras premiadas quedarán en propiedade da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello polo que o/a autor/a cederá exclusiva e irrevogablemente o dereito de impresión ou reprodución, total ou parcialmente en calquera modalidade, tamaño ou soporte así como a utilización da obra para a súa promoción publicitaria, polo que poderá realizar as correspondentes modificacións ou transformacións para a súa adaptación aos soportes, técnicas ou tamaños necesarios.

Establécese un premio de 800 € ao cartaz gañador, un accésit de 320 €, e un premio especial do público 200 €. Estes premios que non serán acumulables, poderán ser declarados desertos polo xurado do concurso. De estimarse que ningún dos traballos presentados resulte adecuado para ser ó cartaz anunciador da festa da Reconquista da Vila de Vigo 2013, a AVC Casco Vello resolverá polos seus propios medios a edición do mencionado cartaz. Estes premios non están exentos de impostos, polo que se aplicará a retención de IRPF que corresponda en cada caso.

Rematado o prazo de presentación de carteis, a AVC Casco Vello organizará unha exposición pública, cos carteis presentados ao concurso, no local, datas e horas que se determinarán e anunciarán oportunamente. Para isto, poderanse imprimir os carteis presentados para adaptalos ao tamaño que sexa máis acaído para a súa exposición.

O xurado do concurso estará composto por.
Presidente: Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, ou persoa na que delegue
Secretario: Presidente da AVC Casco Vello, ou persoa na que delegue.
Vocais:
Representante da Comisión de Cultura da AVC Casco Vello.
Dúas persoas relacionadas co mundo das artes, a imaxe, ou a comunicación
O presidente do xurado queda facultado para resolver, no caso de empate, así como para as eventualidades que poidan xurdir.

A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha das súas bases.

A decisión do xurado é inapelable.

Toda la información y bases para descargar en: www.avcascovello.com

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

Deja un comentario