AL OTOMANO SE LE VA LA MANO, o novo disco da Terbutalina, verá a luz o 11 de novembro.
As novas once cancións da banda estarán dispoñibles, como é marca da casa, en libre descarga en formato dixital desde as súas distintas plataformas web, mais nesta ocasión haberá unha gran novidade: será o primeiro traballo da banda en ter edición física, en vinilo. Os selos encargados de lanzar o seu disco serán Folc Records (Guadalupe Plata, The Phantom Keys, Los Chicos, MFC Chicken) e Grabaciones de Impacto (Drunk Mums, The Cubical, Nave Nodriza).
O disco gravouse no Estudio A Ponte (Roxos), onde xa gravaran o seu anterior traballo, A MUERTE, que resultou escollido Mellor Álbum en Galego de 2014 nos Premios da Música Independente. Foi gravado ao vivo en cinta analóxica. Do máster encargouse Jim Diamond (The White Stripes, The Sonics), de Ghetto Recorders en Detroit.
VIDEOCLIP DE PRESENTACIÓN
O disco preséntase cun videoclip de adianto da canción “Sudar sangre”, obra de Producciones Mutantes.
FESTA DE PRESENTACIÓN
O disco presentarase na Sala Capitol de Compostela o 28 de novembro, nunha festa na que estarán acompañados da banda cántabra Lupers. Neste concerto gravarase o novo videoclip da banda e (ollo!) quen acuda á festa lucindo camisa de flores terá un CD de agasallo!
Mercar entradas online / A Reixa Tenda
www.terbutalina.net