Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Virginia González. » Volver «.

21 febrero, 2017

Virginia González. » Volver» Garaxe O Faiado: Santa Uxia de Ribeira ( A Coruña ).

«QUE MARAVILLOSO ES QUE NADIE NECESITE ESPERAR NI UN SOLO MOMENTO ANTES DE COMENZAR A MEJORAR EL MUNDO”. ANNA FRANK.

Gustaríame compartir con vós unha pequena e íntima historia que fala do compromiso, un compromiso que ningún de nós debemos esquecer. Que o acadamos e temos que cumprir. Algo que nos une e nos caracteriza, a HERDANZA.

Raiz que te veu crecer e converterte no que es, a herdanza de soños e obxetivos. Un arquivo pechado que sempre estará aberto.

Gotas de auga caen na túa pel, míralas e esperas, só por un momento agardas un mal presaxio…

Un lóstrego ilumina o ceo e séntes un arrupio. Pensas, sí!, é unha sinal… e coa mesma escoitase o repique das campás, comeza o periplo.

Atópaste nun almorzo familiar e característico, presidido por un retrato e coroas de flores, unha caixa e no seu interior unha carta chea de esperanza, o seguinte eslabón da cadea.

O tempo non se deten, os que antes eran alumnos volvense méstres, sabes que nada dura eternamente.

Chegou o momento, o momento das decisións. Dende esta, seguirás vivindo guiada por esa luz, esa que nun momento che atemorizou agora acompañate e acougate. Un impulso que te leva cara adiante.

Sempre estamos aprendendo e inconscientemente calculamos os nosos actos, xiramos nun círculo… Somos victimas do noso pasado e títeres dun futuro incerto. Volvemos; volvemos e intentamos recordar esas chaves que algún día nos fixeron ser feliz. Retroceder e deterte, observar, e moi minuciosamente analizar, despois “pensar” e deixarte levar.

Segues o ritmo e escoitas unha voz… -A vida é dura!… pensas…. -Non, a vida será dura!…

Nestes íntres xa coñeces o teu pasado, máis aínda nos queda moito camiño por andar, polo que intentemos seguir todos os pasos cara o “volver” , sin deixar olvidado o que virá, e comezaremos a catar unha mínima parte de esa maravilla que é vivir. Sen medo as sombras que hoxe nos atemorizan, xa que serán as luces que nos guien mañá.

Só con isto acabamos de mudar de pel.   

Texto; Diana Pazos.

 

 

Volvemos ou fuximos?

Facernos xirar en calquera sentido pra así cambiar de posición.  Facer que deixe de ser dunha maneira pra ser doutra ou pase a ser outra cousa distinta do que era.  Xirar ó meu gusto ou o gusto dos demáis, dito doutra maneira, xirarme ou que me xiren.

¿Volvemos contentos despois dunha longa viaxe ou fuximos apesarados despois  dun largo camiño? ¿Volvemos fuxindo ou fuximos para volver?

Sentímonos invadidos por imáxenes, palabras ou sensacións do pasado (volvemos). Unha viaxe imposible,  pero añorada.

Recordar o noso pasado e san si serve para vernos tal como somos hoxe. Anclarnos nos recordos de forma obsesiva pode chegar a doer, pero… ¿e se esa dor se pode mudar?

Fuxo con dor, como cal heroe vese desterrado polos seus protexidos,  pero volvo sin ese gran peso do me facía xirar.

Párome e contemplo…xa ten cor… Séntome…xa podo empezar a xirar.

 

 

Volver (Hai roupa tendida)

“Volver” é un repaso aos meus referentes xenéticos, aos meus mirares cotiás , aos meus gustos visuáis. Un transito  entre mulleres evocadoras que me chaman dende o pasado, dende o pasillo do bar Victoria, dende a pantalla do televisor;  cal suspiro aparecen, cal suspiro se van e volven,  como o recordo dunha noite de tormenta, como o olor da compota de mazá da miña avoa.  Queren que as observe, que  as tome. Queren falar a través de min e eu a través dos seus ollos. Un quid pro quo de sensacións. Todas son miñas e de todas son eu.

 

 Déixame entrar, déixame ver algún día como ven os teus ollos. 

                                                                                                Julio Cortazar.

 

Detalles

Fecha:
21 febrero, 2017
Categorías del Evento:
,
Web:
https://www.facebook.com/events/761370044027960/

Local

O garaxe_o faiado
Rúa de Galicia nº82
Ribeira, A Coruña 15960 España
+ Google Map

Deja un comentario

Uso de cookies

CroaMagazine.es utiliza cookies para mejorar su experiencia como usuario. Si continúa navegando está aceptación de las mencionadas cookies y la política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies