- Este evento ha pasado.
VI Primavera do Cine
5 mayo, 2017 - 14 mayo, 2017
Tres categorías orixinais: curtametraxe, longametraxe e videoclip. Ademais, por segundo ano consecutivo e con intención de permanencia, o festival engadirá categorías de competición para filmes de países lusófonos. Nesta liña, o festival contará coa asistencia do cineasta angoleño, Zeze Gamboa, que presentará a súa longametraxe de máis recoñecemento, O grande Kilapi. Como principal novidade, este ano o festival contará cun xurado internacional formado por profesionais do sector audiovisual que concederá o premio do xurado ás mellores longametraxes galega e lusófona, respectivamente. Asimesmo, a organización manterá o tradicional premio do público, outorgado mediante votación popular.
Tamén de xeito pioneiro, e dada a tradición e calidade deste xénero cinematográfico, o festival promove a creación dunha sección exclusiva adicada á animación, concedéndolle un galardón propio e diferenciado. A modo de marco de encontro e con obxectivo de dotar de contido ao festival, a organización ten programadas unha serie de actividades paralelas. Entre elas destaca a master class do director coruñés, Alberto Vázquez, galardoado con dous premios Goya na presente edición. Está prevista unha homenaxe ás Xornadas de cinema desenvolvidas desde 1984 no Carballiño, denominadas XOCIVIGA, e consideradas como pioneiras do audiovisual galego moderno. A idea desta iniciativa é reflexionar sobre o paradigma e as tendencias do sector na actualidade, recuperando o espírito deses encontros e servindo de pulo ao cinema galego.
Como efeméride do 120 aniversario da primeira proxección audiovisual na cidade de Vigo, no teatro-circo Tamberlic o 29 de abril de 1897, está prevista unha rememoración desa cita na que Vigo «respirou cine»; exercendo deste xeito unha labor de salvagarda histórica cun pase das pezas orixinais restauradas, cedidas polo Instituto Lumière de Lyon. Está prevista a participación das Escolas de audiovisual de Vigo e Pontevedra así como o descubrimento dunga praca conmemorativa. Esta edición manterá a tradicional actividade, Cine miúdo, no que participarán máis de 500 escolares de Educación Primaria que asistirán a proxeccións de cinema clásico, musicalizadas pola agrupación viguesa, Trío Caspervek. Resulta fundamental, na presente convocatoria, a vontade de implicación da área académica e estudantil para dar a coñecer á canteira e futuro do sector. Para rematar, o Marco de Vigo acollerá, ao solpor, unha sesión de cinema e concerto, que o ano pasado gozou de grande aceptación entre os asistentes.