- Este evento ha pasado.
Terbutalina + Aullido Atómico
16 abril, 2016 @ 22:30 - 23:55
8€AL OTOMANO SE LE VA LA MANO! O novo disco da Terbutalina chega con ansias de festa á SALA KARMA! Tras vender todas as entradas na festa de presentación na Sala Capitol de Compostela e no seu concerto na Coruña, a banda de garage-punk chega a Pontevedra co seu novo traballo, gravado nos Estudios A Ponte e masterizado por Jim Diamond (The White Stripes, The Sonics) en Detroit. O disco conta con 11 cancións para bailotear a muerte e conta con edición en vinilo, da man selos FOLC Records e Grabaciones de Impacto. Ademais, “AL OTOMANO SE LE VA LA MANO” acaba de ser nominado como Mellor Álbum en Galego de 2015 nos Premios MIN de la Música Independiente. O sábado 16 de abril toca ultrafestón en Pontevedra!
Estarán acompañados polo trío valenciano de trash&roll Aullido Atomico, que chegan a Galicia para presentar o seu segundo traballo, “Todo y ahora”. Na alma de Aullido Atómico conflúen o espírito do blues primitivo, a enerxía do punk 77 e a atracción pola cara escura do folk. No seu espectro musical conviven amigablemente referencias tan dispares como Ronettes, Otis Redding, The Clash, Jon Spencer, Detroit Cobras ou Guadalupe Plata. O resultado? Melodías e velocidade, un son cru e letras cheas de antihéroes.