- Este evento ha pasado.
Taller de Solarigrafías no Covil
7 mayo, 2016
5€Taller Aberto a todo o mundo.
As solarigrafías son imaxes tomadas con cámaras fotográficas analóxicas coñecidas como cámaras estenopeicas durante largos lapsos de tempo (entre tres e seis meses), co obxectivo de retratar o movemento do sol polo ceo ó longo dos días de exposición, observando así o avance dende o amencer ata o solpor e o efecto do movemento de precesión terrestre sobre a altura do sol nas diferentes épocas do ano.
Neste taller, sen pretensións de ser exhaustivos na teoría fotográfica, coñeceremos de maneira práctica o funcionamento deste tipo de cámaras e crearemos as nosas propias para poder colocalas e organizar un proxecto solarigráfico común.
A través deste proxecto común, esperamos facer outro taller/exposición dentro de medio ano para revelar todas as fotografías que fixemos entre os participantes e poder expoñelas de maneira conxunta.
O prezo será de 5€ para sufragar os costos de material. Ademais, precisamos a vosa colaboración para que traiades todos os botes de carretes fotográficos que poidades conseguir (regálanos nas tendas de revelado) para utilizalos como contedor das cámaras que construamos. Preferiblemente opacos.