- Este evento ha pasado.
Pesdelán e o día da Danza no Museo do Centro Gaiás
29 abril, 2016 @ 18:00 - 22:00
3€Báilalle á primavera!
A Cidade da Cultura convídavos a recibir a primavera bailando. Coincidindo co Día Internacional da Danza, o Museo Centro Gaiás vestirase de cores para vivir unha tarde chea de música e baile.
A celebración comeza ás 18 horas cun obradoiro de balde co que aprender a bailar danzas galego-portuguesas. Pensado para gozar en familia, o grupo Pesdelán ensinaralles aos participantes os pasos básicos para cada un dos bailes, nunhas divertidas clases que estarán amenizadas con música en directo.
Tras a aprendizaxe, máis diversión. Porque a partir das 19:30 horas, o Museo Centro Gaiás acollerá o concerto de Pesdelán cun único obxectivo: que o público baile! Coas súas actuacións, Pesdelán pretende recuperar o espírito das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia, mediante o ensino de bailes e xogos sinxelos.
Unha das integrantes do grupo animaranos a seguir os seus pasos, que nos explicará de forma sinxela e amena, para que todos poidamos unirnos ao baile.
E para conseguir unha tarde redonda, a Cidade da Cultura convida a todos os participantes a vestirse de primavera: dunha cor, con flores, coas tonalidades do arco da vella… Unha explosión de ritmo e cor para bailarlle á primavera!