- Este evento ha pasado.
MOENDO MUIÑEIRAS EN SARRIA
2 octubre, 2016 @ 20:00 - 22:00
GratuitoUnha obra de Xabier Iglesias, coa dirección de Paloma Lugilde
Moendo Muiñeiras é un espectáculo que xira ó redor da muiñeira, no que se misturan a partes iguais teatro, baile e música.
Os protagonistas da historia farán un percorrido polas catro formas de muiñeiras conservadas a día de hoxe: muiñeira nova, muiñeira vella, carballesa e regueifa, levados por unha apaixoante trama ao ritmo da zanfona e o violín.
Sipnose: Que pasaría se recibises unha carta anunciándoche que herdas un antigo muíño? Unha parella de mozos urbanitas ve cambiada a súa vida ao voltar as súas orixes. Uxía, moza de Brais, herda un muíño de Xosé, alcumado O muiñeiro. Neste muíño, pasarán cousas aparentemente inexplicables, que pouco a pouco iranse comprendendo ata descubrir a historia dos seus verdadeiros avós, Sofia e Xocas.
Unha historia de amor, de vida, de baile e de música acontecida en 1936 entre fariña e muiñeiras.
Equipo Artístico:
Uxía/Sofía : Montse Rivera
Xocas/Brais: Xabier Iglesias
Xosé o muiñeiro/guerrilleiro: José Varela
Voces en off: Paloma Lugilde, Carlos Díaz
Equipo Tecnico:
Luces e son: Alfredo Sarille
Creacións musicais para o espazo sonoro: Carlos Díaz
Música en directo: José Varela
Coreografías baile tradicional e cantos: Xabier Iglesias, Montse Rivera
Construción muíño: Jorge Illán
Deseño gráfico: Sabela Eiriz
Unidades Didácticas: Xabier Iglesias, Montse Rivera, José Varela, Paloma Lugilde
Fotografía e Video: Bruno Máez
Dramaturxia, deseño espazos e dirección: Paloma Lugilde
Produción: Xabier Iglesias
Xenero: Teatro / danza / música
Duración: 60 minutos
Idade recomendada: a partires de 9 anos
Organiza: Concello de Sarria
Colabora: Deputación de Lugo, Programa Buxiganga
Entrada gratuita
Aforo limitado