Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Mercadiño dos Magos

4 enero, 2017 @ 11:00 - 19:00

A Asociación Casco Vello Alto, co patrocinio do Concello de Vigo, celebra no paseo de Alfonso o I Mercadiño dos Magos este mércores dende as 11.00 h da mañán ata as 19.00 h da tarde, unha boa oportunidade de ocio e compras no principal miradoiro da cidade.
Ofértanse unha morea de actividades nas que terán un papel primordial as iniciativas dos veciños e asociacións sen ánimo de lucro da zona, que darán sentido a unha xornada festiva: Os locais de hostelería prepararán tapas especiais para o día, creándose unha ruta de tapas. A Asociación Érguete, que ten a súa sede no barrio, colabora tamén cunha sesión de contacontos pola mañán e unha gran chocolatada pola tarde.

Para dar valor a artesanía galega Asociación Casco Vello Alto ten convidado aos artesáns da comarca a participar do mercado no que está confirmada a presencia de máis de trinta creadores que realizarán obradoiros de cerámica, coiro, serigrafía, beleza, percusión e baile, entre outros.

A difusión da cultura sostible é un dos piares da asociación cultural Barrio Alto, que acolle tamen un intercambio de roupa para darlle unha oportunidade sen lucro áos textís que xa non usamos pero que se atopan en boas condicións.

O mercado será unha festa, durante todo o día haberá música amenizando o evento, á hora de xantar cos dj adolescentes, Electric Feels, pola tarde co swing da escola de baile Mayeuswing. As risas serán protagonistas coa música lixeira do Showman Tony Lomba, que amenizará a sesión vermut a partir das 13.30 horas. Para rematar a xornada os dj’s Petarpop encargaranse do fin de festa.

PROGRAMACIÓN MERCADIÑO DOS MAGOS

11:30 Obradoiro de cerámica para neno/as HEY JUDY
12:00 Obradoiro de serigrafía para neno/as LECHANELAS
12:45 Contacontos ASOCIACIÓN ÉRGUETE

Tour de tapas nos locais da zona (O CASTRO, A POLA, A FIESTRA, EL MIRADOR DE VIGO, BAR DE VIÑOS)

13:30 TONY LOMBA
14:30 Sesión DJ “Electric Feels”

16:00 Obradoiro de coiro CARLOS BARROS
16:30 JUSTE KAMISHIBAI
17h Obradoiro de percusión africana TALLA TEAS AFRICANAS
17:30 Obradoiro de sales de baño MOURAS
18:00 Swing na rúa MAYEUSWING
18:00 Chocolatada ASOCIACIÓN ÈRGUETE

18:30 PETARPOP

Obradoiro de pintura “La Ventana Ambulante” CAROLINA GONZALEZ ILUSTRACIÓN no seu posto
Obradoiro pintacaras para neno/as JV PAJARITAS DE MADERA no seu posto
Faite unha chapa no posto da ASOCIACIÓN ÉRGUETE
Durante toda a xornada disfrutaremos de actuacións da escola de baile MAYEUSWING

SWAP COCLUB: intercambio de roupa.
Trae as prendas que teñas no teu armario que estean ben coidadas pero que xa non usas. Poderás intercambialas por prendas doutros asistentes. Así fomentaremos darlle unha segunda vida á roupa e reducir os residuos textís (roupa, calzado, complementos. Non aceptamos roupa interior)

Detalles

Fecha:
4 enero, 2017
Hora:
11:00 - 19:00
Categoría del Evento:
Web:
https://www.facebook.com/events/1754667738189434/

Local

Paseo de Alfonso
Vigo, España
+ Google Map

Deja un comentario

Uso de cookies

CroaMagazine.es utiliza cookies para mejorar su experiencia como usuario. Si continúa navegando está aceptación de las mencionadas cookies y la política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies