- Este evento ha pasado.
Maruja Mallo e a xeometría do signo
1 abril, 2017 @ 12:00 - 14:00
GratuitoO vindeiro 1 de abril, Día das Artes Galegas, achegarémonos ao fascinante universo de Maruja Mallo, a artista galega máis recoñecida do século XX e, con Luís Seoane, a de maior proxección internacional. A tal fin contaremos con dous relatorios: a xornalista Carme Vidal fará un percurso pola súa biografía, e o historiador e crítico de arte Carlos Bernárdez abordará a análise da obra. No apartado artístico, o pianista Pablo Seoane e a cantante Belén Bermejo estrearán o espectáculo poético – musical “Longa e profunda liña da sorte” a partir de textos da propia Maruja Mallo.
A sesión rematará ás 14 h. cun convite a un viño e un petisco por cortesía de Bodegas Martín Códax e Conservas Antonio Pérez Lafuente.
Entradas de balde previa inscrición no enlace: http://