- Este evento ha pasado.
Inauguración ‘Perfecta Imperfección’
5 febrero, 2017 @ 12:00 - 21:30
Inauguración da exposición ‘Perfecta Imperfección’ con selección musical de Cris Pontanilla
A exposición xira en torno á muller, a esa muller forte e independiente pero que ante todo é imperfecta. E como precisamente é nesa imperfección onde reside a beleza, xa que non só estamos vendo unha imaxe, se non que a través das súas miradas e as súas poses son capaces de transmitir sentimentos e emocións. Cada unha delas expresa un sentimento, algunhas das ilustracións van acompañadas de textos e, noutras, ao valerse a imaxe por si soa para expresar a idea da obra, non se require de apoio textual. Como artista, Verónica non busca unicamente debuxar “rapazas bonitas”, se non máis ben representar o concepto deque dentro do bonito “a imperfección” é o que realmente te achega ao real, o que explica o uso de liñas e se afaste dun debuxo realista.
Verónica de Medeiros está graduada en Belas Artes en Pontevedra, e realizou un ano dos seus estudos en Oporto e outro en Salamanca, o que lle axudou a ver novas técnicas e xeitos de representación. Foi en Salamanca onde comezou a ilustrar, e de aí ata hoxe segue traballando diariamente coas súas ilustracións.
Para a selección musical durante este evento, teremos novamente a Cris Pontanilla. Querémola, mimámola, e ela devólvenos o amor en forma de temazos para menear o cú sen fin!
Cris mesmo te pincha funk, como que te pincha stoner, ou rock&roll, e de vez en cando casca algún temazo swing deses que tanto nos gustan por O Almacén.
Resumo: morte por baile!! E para resucitar, un pinchiño cun vermú.