- Este evento ha pasado.
Inauguración MiiC
21 marzo, 2017 @ 20:00 - 23:30
Producida polo Auditorio de Galicia e comisariada por Matilde Rodríguez, MiiC é a primeira Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea de Galicia. Unha exposición colectiva de máis dun centenar de pezas representativas do que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial.
A mostra resalta o valor da ilustración como medio de expresión creativa de moitos artistas contemporáneos, constituíndose como unha das ramas de comunicación máis libres e imaxinativas que existen. Un elemento que admite un amplo abanico de técnicas e soportes e que, ademais, está sempre en constante evolución, o que provoca que se adapte facilmente ás novas tecnoloxías.
A través da MiiC achegarémonos ao traballo máis creativo dalgúns dos artistas máis influentes deste século, ao mesmo tempo que descubriremos proxectos novos que están a despuntar dentro do panorama actual, especialmente en Galicia, onde temos a sorte de contar cunha gran xeración de novos artistas que marcan tendencia tanto dentro como fóra da comunidade.
Artistas e proxectos que participan:
Guía Ninja do Ilustrador (AGPI) / Cinta Arribas / Carlos Arrojo / Arnal Ballester / Gary Baseman / Los Bravú / Marina Capdevila / Eme / Cristóbal Fortúnez / Ilustradores a la mesa / IlustraDots / José Ja Ja Ja / Jano / Martin Jarrie / Martín López Lam / Pepe Medina / Sergio Mora / Nobrow / Sara Pazos / David Sierrra / Alberto Vázquez
Permanecerá aberta ata o 25 de xuño