Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

IMAXINASONS

26 junio, 2015 - 4 julio, 2015

A décimo primeira edición do Festival de Jazz de Vigo IMAXINA SONS’15 se desenvolverá dende o 26 de xuño ao 4 de xullo en distintos espazos da cidade, unha iniciativa do Concello de Vigo que se mantén no tempo en base a parámetros de calidade artística e vontade de satisfacer a diversos públicos, a maiores dos afeccionados ao jazz. Unha aposta pola cultura desde o ámbito municipal, que fai que o festival poida manterse fiel aos seus principios de programar jazz europeo, dándolle aos vigueses a oportunidade de ver artistas de primeira fila, e de promocionar e apoiar o jazz galego e o jazz español.

Despois da celebración dos seus primeiros dez anos en 2014, o Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons volve en 2015 con nove días de jazz na cidade. A décimo primeira edición desta cita musical arrancará o 26 de xuño levando a música en directo a diferentes espazos e recunchos de Vigo. Imaxina Sons é unha cita musical de referencia no verán galego que, ano tras ano, procura sorprender aos espectadores. Lonxe de acomodarse, o festival vigués aposta por novas sonoridades, espándese por espazos non explorados aínda, procura a excelencia no xénero satisfacendo ao afeccionado esixente e traballa para chegar a aqueles públicos alleos á etiqueta jazz.

Destaca esta edición 2015, por ser unha edición moza, reunindo a moitos dos músicos que, xóvenes pero sobradamente preparados, están definindo os roteiros do jazz. Será unha edición con moito sabor galego aproveitando a boa colleita e as novidades que a ampla escena jazzeira galega pon a disposición do público. Carlos López Quinteto co proxecto «Letters From København», Miguel Lamas Cuarteto, Duology de Marcos Pin e Telmo Fernández protagonizarán os concertos galegos desta edición, que se verá redondeada coa estrea da Orquestra de Jazz de Galicia que presenta un primeiro disco marcado polos sons de raiz en Imaxina Sons.

Unha edición xoven na que non faltan figuras jazzeiras de prestixio e fama internacional. É o caso de Marc Ribot que por primeira vez participa no Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons. Será o venres 3 de xullo e para o festival é unha honra contar co compositor e guitarrista americano, colaborador habitual de John Zorn e cuxo primeiro disco de estudio foi Rain Dogs de Tom Waits. Hoxe é unha referencia mundial no jazz e a súa figura motivou o documental «Marc Ribot: a corda perdida» (2008). Coa súa vertente máis rock no proxecto Ceramic Dog chega ao festival.

Tampouco se pode dicir que empezase onte a súa carreira a portuguesa María João, encargada este ano de inaugurar Imaxina Sons co seu proxecto Ogre, unha sorte de experimentación electrónica co jazz, poñendo a proba a incrible voz da cantora lisboeta. Sen ser nin moito menos vello, pero debido a súa precocidade, o saxofonista e compositor suízo Ohad Talmor é xa un referente musical premiado neste 2015 como compositor europeo de jazz do ano pola European Broadcasting Union.

A identidade do Imaxina Sons afiánzase tamén a través dos espazos nos que se desenvolve, cun claro epicentro no Auditorio Municipal do Concello de Vigo. E así o MARCO volverá ser escenario das propostas arraianas, desafiantes e máis excéntricas do festival cos concertos de L.A.R. Legido, Gil Dionisio e Eli Gras e será sede tamén da Academia de Sons, que propón 5 obradoiros para públicos diversos en horario matutino.

Nada lonxe, na rúa Londres concentraranse este ano os concertos da noite do festival explorando un novo territorio para Imaxina Sons. O jazz de Vigo e a súa contorna volverá a tomar rúas e terrazas con «Jazz fóra de lugar» en horario vermú (incluíndo homenaxe aos críticos Javier de Cambra e Juan Claudio Cifuentes «Cifu», falecidos recentemente e vinculados a Imaxina Sons desde os seus inicios) e a traca final do 11º Imaxina Sons terá lugar o sábado 4 de xullo no clásico local vigués Contrabajo.

Volvendo á identidade, o programa 2015 Imaxina Sons recolle e reúne todos aqueles trazos que deron carácter único ao festival desde os seus inicios: atención ás figuras consolidadas e aos artistas emerxentes do jazz europeo, escaparate para as novas propostas do jazz en Galicia e na península, concertos ao aire libre que impliquen á cidadanía e apoio aos músicos e clubs da contorna próxima.

As entradas para os concertos de pagamento (auditorio municipal e salón de actos do Marco) poranse á venda o luns 15 de xuño no servizo de Ataquilla (www.ataquilla.com ou no teléfono 902.504.500).

Toda la agenda y detalles en www.imaxinasons.com

Detalles

Comienza:
26 junio, 2015
Finaliza:
4 julio, 2015
Web:
http://www.imaxinasons.com/

Local

Vigo
Vigo, Pontevedra España + Google Map
Ver la web del Local

Deja un comentario

Uso de cookies

CroaMagazine.es utiliza cookies para mejorar su experiencia como usuario. Si continúa navegando está aceptación de las mencionadas cookies y la política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies