
- Este evento ha pasado.
IMAXINASONS
1 julio, 2016 - 9 julio, 2016

Festival de Jazz de Vigo centrado no jazz europeo, caracterizado pola programación de propostas contemporáneas e singulares
O festival de jazz de Vigo Imaxina Sons nace en 2005 coa idea de programar durante doce días o mellor jazz europeo, con especial atención ao traballo dos músicos peninsulares. O festival desenvólvese en varios espazos da cidade, cubertos e ao aire libre, durante os últimos días de xuño e os primeiros de xullo. Ademais dos concertos, o festival inclúe na súa programación pasacalles, conferencias, masterclass, jazz en clubs, etc.