Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

O «Alcouve» de 6.000 sementes

9 septiembre, 2016 @ 20:00 - 21:00

Fran Herbello inaugura cun proxecto sobre a identidade e a memoria o Espazo de Creación de Chan da Pólvora e Juan de Nieves será o encargado de comisariar o muro a partir de outubro cun programa de artistas internacionais.

Ata seis mil perforación debeu practicar Fran Herbello no papel para que no papel xermolasen as seis mil sementes do seu Alcouve, título da exposición que inaugura o venres (a partir das oito da tarde) no Espazo de Creación de Chan da Pólvora, unha nova manifestación deste proxecto cultural colectivo. O Espazo, integrado por un muro de case catro metros, comparte ámbito coa homónima librería compostelá (situada na rúa de San Pedro 74) e será comisariado a partir de outubro por Juan de Nieves, nunha proposta singularizada de varios artistas internacionais. Con motivo da inauguración de Alcouve, Chan da Pólvora Editora publicou un prego deseñado por Manolo Martínez que reflecte a complexa cronoloxía deste traballo de Herbello, un dos artistas máis inquietantes e carismáticos do panorama galego actual.

Aínda que Fran Herbello naceu en Menziken (Suíza 1977), a súa obra está fundida co escenario natural de Aldán, onde reside desde moi novo: Non só polas súas impactantes intervencións nas árbores de salgueiro do barrete de Gandón, senón tamén polo ciclo de Teas de alivio (2011), marcado pola dramática desaparición do seu avó nun naufraxio. O seu proceso creativo, que xurde no ámbito da fotografía, foi rexistrando unha auténtica revolución do concepto fotográfico, introducindo elementos orgánicos nas fases químicas do xénero. Porque Herbello, ao tempo que fotografía, fai tese e revisión das nocións artísticas xerais, de xeito que devorca, sobre o fondo estético, reflexións sobre o seu propio traballo e a orde expresiva na que se insire. Desde aquela serie inicial (ano 2000) de Imaxe e semellanza (onde utilizaba representacións cotiás para crear situacións que rompían “a forma usual de ver o familiar”), Herbello non deixou de investigar, como fixo en Mal de corpo (2005), calafriante narración de como a relixión converte as mortificacións físicas nun pasaporte de eternidade.

Para realizar Alcouve (palabra de significado paralelo a sementeira e de uso frecuente na Ría de Aldán), incide nesa liña, tanto nos propósitos semánticos (a memoria e a identidade) como na reelaboración das transformacións fotográficos. Se en Teas de alivio se refería ao papel da imaxe ante a ausencia dun ser querido (a forma na que a imaxe a imaxe, dalgún xeito, os mantén presentes), en Alcouve salienta a fotografía como ferramenta para reter o paso do tempo e loitar contra efémero.A imaxe seleccionada neste caso por Herbello forma parte dun conxunto de fotos que un coñecido lle regalou despois de atopalas no lixo, hai xa algún tempo. Dende entón, estiveron gardadas nun arquivo que el foi ampliando con outras fotos mercadas en diferentes rastros. Durante estes anos, Herbello estivo á espera do momento oportuno para desenvolver un feito que lle intriga de xeito especial: como os recordos alleos se dilúen desde o momento no que un decide desfacerse deles. Substituír a prata metálica pola semente é, ao seu xuízo, «unha representación deste pensamento». A fotografía xa non fixa nin retén, muda como algo natural, orgánico e iso, asegura, «subliña a nosa propia condición caduca».

Detalles

Fecha:
9 septiembre, 2016
Hora:
20:00 - 21:00
Categorías del Evento:
,
Web:
https://www.facebook.com/events/1373393046035026/

Local

Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, A Coruña España + Google Map

Deja un comentario

Uso de cookies

CroaMagazine.es utiliza cookies para mejorar su experiencia como usuario. Si continúa navegando está aceptación de las mencionadas cookies y la política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies