- Este evento ha pasado.
Festival Sinsal Son Estrella Galicia 2016
22 julio, 2016 - 24 julio, 2016
Sinsal Son Estrella Galicia, Mellor Festival de Pequeno Formato en España, é un dos festivais máis singulares de Europa. Ten lugar nunha illa, a de San Simón (Redondela), situada na espectacular Ría de Vigo, desenvólvese durante o día e o público só pode acceder ao festival nos barcos fletados pola organización. O prezo da viaxe en barco está incluído no prezo da entrada. A viaxe á illa é o punto de partida dunha experiencia única. A outra circunstancia que fai de Sinsal Son Estrella Galicia un novo modelo de festival é o cartel secreto. Liches ben, si. O público non coñece o nome dos artistas até que entra na illa. Un cartel con referencias dos cinco continentes, coa calidade e capacidade de sorprender que caracterizan a Sinsal, que unicamente 800 persoas poden gozar cada día.