- Este evento ha pasado.
Festival Noroeste Estrella Galicia
8 agosto, 2017 @ 8:00 - 13 agosto, 2017 @ 17:00
GratuitoFestival de música urbano, gratuíto e de vangarda que se celebra do8 ao 13 de agosto de 2017 na Coruña.
O Festival Noroeste Estrella Galicia é unha cita musical única en España, que ofrece un atractivo programa de concertos gratuítos ao aire libre e que cada ano reúne a unha media de 70.000 persoas. Considerado como un dos eventos musicais máis imprescindibles do verán no norte peninsular, está organizado polo Concello da Coruña e conta coa colaboración especial de Estrella Galicia.
O Noroeste quere promover unha cultura de proximidade, experiencial, sostible e de vangarda. Contemporánea e vibrante como a nosa cidade. Cun cartel atractivo e ecléctico, no festival teñen cabida máis de medio centenar de concertos de figuras de culto da escena internacional, que compartirán escenario con novas promesas e nomes consagrados da escena local e estatal.