- Este evento ha pasado.
Curtocircuito
1 octubre, 2017 - 8 octubre, 2017
Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela
Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine, naceu no ano 2003 como unha iniciativa do Concello de Santiago de Compostela, coa intención de potenciar a creación cinematográfica no ámbito da curtametraxe.
Doce anos despois, Curtocircuíto é un festival destacado no panorama estatal que traballa en contacto directo con outros festivais de Europa. Na súa Sección Oficial compiten curtametraxes de todo o mundo e nas seccións paralelas ofrécese unha ampla variedade de duracións e formatos, tendo sempre acontemporaneidade e o risco como referentes. Este é un festival comprometido co seu tempo, que apoia os creadores e creadoras, a formación e aintegración da cidadanía neste. Mais alá de ser un festival de cine, coas súas actividades paralelas e concertos, Curtocircuíto quere converterse un punto de encontro lúdico e cultural.