Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Charla Ninja

22 abril, 2017 @ 12:30 - 14:00

A MiiC, Mostra Internacional de ilustración Contemporánea, acolle este sábado unha Charla Ninja na que David Rubín e Alberto Guitián repasarán o Decálogo Ninja do ilustrador, achegando as súas experiencias e anécdotas como profesionais da ilustración. A charla é un complemento da exposición «Guía Ninja do Ilustrador», espazo dentro da MiiC que repasa os obxectivos, os contidos e a boa acollida da campaña da AGPI (que neste mes de abril cumpre o seu primeiro aniversario). Rubín e Guitián abordarán de xeito moi visual os actuais retos dos creadores freelance, como a protección e a xestión dos dereitos de autor no mercado global ou a defensa fronte plaxios ou prácticas especulativas. A charla é de balde e aberta a todo o público, especialmente recomendable para creativos freelance, estudantes de arte e afeccionados á ilustración e á BD.

 

Auditorio de Galicia (Sala Mozart), Santiago de Compostela
Sábado 22 de abril 12.30h
Para todos os públicos
Entrada libre ata completar o aforo
Duración: 75 min

 

Detalles

Fecha:
22 abril, 2017
Hora:
12:30 - 14:00
Categoría del Evento:
Web:
http://www.compostelacapitalcultural.com/detalles/17896/eventos.html

Local

Auditorio de Galicia
Avenida do Burgo das Nacións
Santiago de Compostela, A Coruña 15705 España
+ Google Map
Ver la web del Local

Deja un comentario

Uso de cookies

CroaMagazine.es utiliza cookies para mejorar su experiencia como usuario. Si continúa navegando está aceptación de las mencionadas cookies y la política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies