Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

6th Ska All Night

17 diciembre, 2016 @ 21:30 - 23:00

6€

Xa está aquí a sexta edición do festival de musicas xamaicanas de Vigo.
Nesta edición, ademáis dos anfitrións Transilvanians), contaremos como convidados a banda compostelá Cachas & Cousins.. o mellor rocksteady, reggae & ska dende a capital do país!
Axiña anunciaremos os pinchadiscos!!!

|||||||||||||||||||||||||||| Un pouco de historia: |||||||||||||||||||||||||||||||||||

SKA ALL NIGHT nace sen máis pretensión que difundir a música e cultura xamaicana na cidade de Vigo.
A nosa idea e a de programar regularmente pinchadas, palestras, proxeccións e por suposto facer de maneira anual o festival de mesmo nome, tentando dar cabida as bandas de jamaican oldies que consideremos interesantes, sen excepción algunha.

SKA ALL NIGHT non ten ánimo de lucro, por iso nos eventos que vaiamos organizando tentaremos axustar o máximo o prezo das entradas, únicamente para cubrir os gastos derivados na organización/produción dos mesmos.

A primeira edición do festival foi en decembro do 2011 na Iguana Club de Vigo, e contou coa participación dos vigueses TRANSILVANIANS e da banda barcelonesa THE GRAMOPHONE ALLSTARS. O allnighter foi na mesma sala por parte de KINO L-COBRA.

A segunda edición en agosto do 2012 na mesma sala ca participación dos cantabros SMOOTH BEANS, os valenciáns THE OFFBEATERS e novamente os locais TRANSILVANIANS, (integrantes da organización do S.A.N.), o allgnighter foi no Torreiro da Festa e foron selectores L-COBRA e RUDY KING.

A terceira edición foi en decembro do ano 2013 na sala Xancarajazz e contou ca participación dos madrileños THE UPSTTEMIANS, os coruñeses DANDY FEVER e TRANSILVANIANS. O allnighter correu a cargo dos selectores NAHNO SELEKTAH e OLDIES BUT RUDIES no Rockin’Swing Bar.

En decembro do 2014 fixemos a cuarta edición.
Pola tarde en Discos La Futura, LUTXO PÉREZ presentou o seu libro «Catarsis Rocksteady», e pola noite en La Iguana Club tivemos en directo a mellor banda Ska-Jazz do mundo; THE NEW YORK SKA-JAZZ ENSEMBLE, despois fixemos allnighter ata peche con LUTXO 33 e L-COBRA na mesma sala.

No 2015 en Club Charenton visitaronnos os madrileños PYTHON DOJO, bandaza de Dub e Reggae instrumental cósmico que compartiron escenario xunto aos anfitrións TRANSILVANIANS.

Detalles

Fecha:
17 diciembre, 2016
Hora:
21:30 - 23:00
Precio:
6€
Categorías del Evento:
,
Web:
https://www.facebook.com/events/1625883411053162/

Local

Radar Estudios
Iglesias Esponda, 30
Vigo, Pontevedra 362101 España
+ Google Map

Deja un comentario

Uso de cookies

CroaMagazine.es utiliza cookies para mejorar su experiencia como usuario. Si continúa navegando está aceptación de las mencionadas cookies y la política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies