Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

2º Ciclo de Músicas de Sofá

3 agosto, 2016 - 4 agosto, 2016

Gratuito

Os días 3 e 4 de agosto celébrase no Carballiño a 2ª edición do ciclo Músicas de Sofá,un evento no que cinco grupos de estilos diferentes tocarán tendo como escenario recreacións dos salóns dunha casa.  Os grupos participantes ofrecerán máis de 10 horas de música de estilos como o Jazz, Folk, Reggae, Rocksteady & Ska e Hammond Groove. o ciclo está organizado polo Concello do Carballiño, xunto coa Asociación Cultural os Serandeiros. Trátase dun festival urbano no que os grupos actúan en distintos «salóns» ubicados no centro da vila. O obxectivo é achegar unha gran variedade de estilos musicais aos más de 150.000 visitantes que se esperan durante as dúas semanas que preceden á celebración da Festa do Pulpo.

 

As actuacións comezarán ás 19.00 horas nas rúas do Carballiño co seguinte programa de concertos:

 

Mércores, 3 de agosto:

– 19.15h. Rúa Rosalía de Castro. Portulego Quartet (Jazz). Cuarteto formado por músicos das dúas beiras do Miño con un nexo común: o jazz. Tras cursar a Licenciatura en Jazz na ESMAE (Porto), Diego Alonso (Vigo) ao saxo tenor, Ricardo Moreira (Marçode Canavesses) ao piano e Miguel Sampaio (Ovar) á batería, xúntanse có contrabaixista Álex Touceda (Vigo) para interpretar temas propios i estándars do repertorio jazzístico.

– 20.45h. Rúa Aldara. Böj (Irish & Scotish Folk). Un total de cinco músicos irlandeses e galegos compoñen este grupo de Folk que veñen de gañar o Concurso RUNAS 2016 dentro do Festival do Mundo Celta de Ortigueira. O seu repertorio está composto por músicas tradicionais irlandesas e escocesas así como temas de composición propia.

Xoves, 4 de agosto:

– 19.00h. Rúa Curros Enríquez.Groovy Killers (Hamond Groove). Cun son vintage a súa música bebe do funk marcado pola inconfundible cor do órgano hammond. Un directo intenso, cheo de improvisacións e longos desenvolvementos instrumentáis, fan desplegar ao máximo as posibilidades deste cuarteto ourensán.

– 20.45h. Praza Aquilino Sánchez (detrás do Concello). Elephants Yard Live Dub.Reggae-Dub.  Elephants Yard é o nome baixo o que se acobilla unha comunidade de artistas adicados a música reggae en Galicia.  Nesta ocasión Javier Vicalo (sobre a mesa de mezclas) e Sutta Enki Dub (Voz) van ofrecer ó público unha sesión de música dubremezclando ritmos reggae en estricto directo.

– 23.30h. Praza Maior. Transilvanians (Rocksteady-ska). Gañadores dos Premios Galegos da Música Martín Códax 2015 e con numerosos traballos discográficos ás súas costas. Veñen de percorrer case toda a xeografía estatal e outros países europeos como Bélxica, Francia, Alemaña, Holanda ou Portugal, cun dos directos incendiarios de máis alto octanaxe que se poden atopar actualmente no estado.Consolidados e cun estilo propio (horror-reggae),son ademáis banda de acompañamento do artista internacional Roy Ellis nas súas xiras por Europa.

– 01.00h. Pub Sete Flores. Sutta Enki Dub (SingJay). Como fin de festa o productor e cantante francés afincado en Tui, ofrecerá unha selección de sons xamaicanos i étnicos aderezados con toques jungle.

Detalles

Comienza:
3 agosto, 2016
Finaliza:
4 agosto, 2016
Precio:
Gratuito
Categorías del Evento:
,
Web:
https://www.facebook.com/ciclomusicasofa/?fref=ts

Local

O Carballiño
O Carballiño, Ourense España + Google Map

Deja un comentario

Uso de cookies

CroaMagazine.es utiliza cookies para mejorar su experiencia como usuario. Si continúa navegando está aceptación de las mencionadas cookies y la política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies