Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

UKP DAY

4 junio, 2016

O 4 de xuño vaise celebrar no Castelo Medieval de Ribadavia (Ourense) o UKP DAY, un festival de arte, música, gastronomía, obradoiros e charlas. O proxecto nace a raíz do Ukelele Kit Project: proxecto colectivo e multidisciplinar no que participaron máis de 30 creadores galegos e que tiña como nexo de unión un kit montable de ukelele. O Ukelele Kit Project (UKP) foi unha iniciativa de O gato Cósmico, e levouse a cabo baixo o formato de exposición + ciclo de concertos na Zona C de Santiago de Compostela en 2014. Agora o proxecto medra en colaboración con La10planta e móvese de localización volvendo á terra onde fora creado: O Ribeiro.

O UKP DAY vai ser un evento dun día, de carácter diúrno e para tódalas idades, que funcione como escaparate dos novos creadores galegos, xa que ademais dos concertos exclusivos con ukelele, tamén se van levar a cabo outras actividades relacionadas directamente coas áreas creativas implicadas no proxecto orixinal: ilustración, arte urbano e d.i.y (do it yourself = faino ti mesmo). Engadindo unha área máis relacionada coa gastronomía e que pretende resaltar os produtos propios da zona.

O nexo de unión sigue sendo o ukelele, un instrumento que ten a súa orixe no cavaquinho portugués, de aí que sexa o grupo luso Birds are Indie os que encabecen un cartel que se caracteriza pola cuidada selección dos artistas.

Gentleman Clef (Madrid), Ukestra do Medio (Santiago de Compostela), Helen&Shanna (A Guarda) e Marem Ladson (Ourense) completan as actuacións do día, ao que hai que engadirlle unha sesión DJ temática de Juan Rivas.

Ademais, o festival tamén ten o valor engadido do espazo no que se vai a realizar: o Castelo medieval de Ribadavia do século XI, un marco incomparable para un evento destas características e que tamén busca resaltar o seu valor patrimonial. O UKP DAY ocupará o auditorio do castelo e as zonas verdes interiores, ocupando así a totalidade do complexo e presentándoo coma un espazo aberto e vivo nun día cheo de actividades que aposten pola difusión das novas tendencias contemporáneas (charlas de xestión cultural, concertos, exposicións, degustacións) e fomenten a creatividade dos máis cativos (obradoiros, xogos).

Detalles

Fecha:
4 junio, 2016
Categorías del Evento:
, ,
Web:
www.ukpday.com

Local

Castelo de Ribadavia
Ourense España + Google Map

Deja un comentario

Uso de cookies

CroaMagazine.es utiliza cookies para mejorar su experiencia como usuario. Si continúa navegando está aceptación de las mencionadas cookies y la política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies