V MINHO REGGAE SPLASH

Un ano máis, e xa van cinco, o Minho Reggae Splash será o encargado de pechar a tempada de festivais de referencia e farao no Espazo Fortaleza de Goián por segundo ano consecutivo o 5 e 6 de setembro. Dous días cheos de obradoiros, conferencias, proxeccións, actividades deportivas e artísticas, espectáculos de rúa, feira de artesanía e, por suposto, moito reggae. Bandas internacionais e nacionais que converterán novamente ao Baixo Miño no referente do reggae nacional.

cartel

O festival Minho Reggae Splash celebra a súa quinta edición no Espazo Fortaleza do concello de Tomiño. Máis de 60.000 metros cadrados de espazo natural ao carón do río, con praia fluvial, zona de descanso, aparcadoiro e todas as facilidades precisas para pasar unha fin de semana gozando da música e das actividades que nos propón a asociación viguesa, que leva traballando a prol deste estilo musical dende hai seis anos.

Poderase gozar dos concertos, de todas as actividades e da zona de acampada por 14 euros. Este é prezo do abono reducido de dous días que dá dereito a participar en todas as actividades e acceso ao recinto de concertos. Aqueles que queiran ir só un dos dous días, poderán facelo por dez euros. O billete tamén poderá adquirirse no propio recinto do festival por 18 euros os dous días.

Dende hai cinco anos o Festival Minho Reggae Splash converteuse nunha cita ineludible para os amantes do reggae e dos ritmos xamaicanos. Pero tamén para todos aqueles que lles guste descubrir novas músicas, artistas de calidade e, sobre todo, pasar unha fin de semana inesquecible, polo bo ambiente, a cordialidade e a gran variedade de oferta lúdica e de lecer que ofrecen en todas as súas edicións. Esta non vai ser menos, e o festival cumprirá o seu quinto ano de vida, como un dos festivais de referencia de toda España e do Norte de Portugal.

Actividades para todos os públicos e todas as idades. Unha das características principais do Minho Reggae Splash e a diversidade de público que atrae. Dende os cativos da casa até os máis maiores, aqueles que son uns apaixonados da música como os que queren pasar unha fin de semana diferente. Isto conséguese grazas a variedade e calidade das actividades que se programan, todas elas dirixidas por persoal especializado no ramo e con temáticas innovadoras que non contan cunha difusión maioritaria.

10631143_675664342517159_6057841777785030988_o

+ info: www.minhoreggae.com

Deja un comentario