The artist is sold

Marina Abramovic. Bueno. A coñecedes non é? Polo menos a partires dese vídeo viral que houbo polas redes no que a artista, no medio dunha performance, era «sorprendida» pola súa antiga parella, Ulay. E choraban e tal. Moi emotivo.

Bueno. Pois que sepades que xa levaban unha semana comendo xuntos e todo estaba xa pactado. Non era un reencontro tras una veintena de anos. Non. Puro montaxe.

Bueno, tampouco e que quixeran agochar nada, todo isto o podedes ver no documental filmado a partires da antolóxica exposición no MOMA (NY) da mentada artista. A antoloxía mais grande e importante adicada a arte da performance nos últimos tempos no templo neoiorquino.

Este documental, The Artist is Present, leva o nome desa performance central onde Marina Abramovic, sentada estoicamente nunha cadeira, deixa os espectadores sentar noutra situada enfrente dela,  fixando unha penetrante ollada neles, durante un tempiño. No fenómeno desatado desta performance, un dos maiores éxitos do MOMA en asistencia e trascendencia mediática, emerxen unha serie de compoñentes e indicadores moi suxestivos de cara ao análise do «fenómeno artístico» no eido do século XXI. Imos ver!

O máis rechamante, na minha opinión, é a validación que, na canle do espectáculo, realízase por parte do público alienado, o público masa-babeante, que bótase a correr polas escaleiras en pos dun minuto de fama coa figura mediática: a artista. Cabe imaxinar que esta performance queda en certa medida desvirtuada polo que de espectáculo banal ten. Nen sequera é unha reflexión moi profunda acerca de nada. É estar por estar, facer manifesta no eido do museo a presenza dunha figura famosa, mediática, depositaria dunha nova relixiosidade da adoración, un fenómeno fan ou groupie. A artista esta ahí, e punto. Isto é, sen dúbida, o máis rechamante e significativo. O feito de que masas de espectadores (que potencialmente sábense actores durante uns minutos fronte á figura venerada) poidan ata tal punto sacrificar o seu benestar, o seu tempo, mesmo a súa saúde emocional por sentarse, rodeados dun cento de espectadores-actores mais, fronte a cara famosa, rodeada dun insulso, inexplicabél,  halo de adoración. Horas e horas de cola… para qué?

É un exemplo máis de como os mecanismos museísticos, en especial os norteamericanos, fan do espéctaculo a única vía de achegamento ao denominado Arte. Validación do ser pola imaxe do ser.

Outro dos temas fortes que se me antoxa tra-lo visionado do documental é a pretendida reflexión sobre o corpo. Marina Abramovic é coñecida por levar o seu corpo a situacións límite, moitas veces implicando os espectadores, seguindo unha liña xa trazada por artistas anteriores, servíndose da provocación, do perigoso, do fronteirizo (accionismo vienés). O corpo aínda xurde como un elemento tabú para moita xente de moral cristiana, onde éste foi sempre o inimigo, mesmo na Estética, onde o mesmo corpo foi desterrado das reflexións kantianas que haberían de fundar a moderna disciplina. O corpo é sempre o gran inimigo do consumidor visual do arte. As obras aprécianse mediante a vista. A Marina non a podes tocar (aparecerán dous enormes gardas a levarte lonxe con mais ou menos amabilidade), soamente podes observala. Por iso tal vez a miña obra favorita da artista é aquela (Abramovic / Ulay, Imponderabilia, 1977) onde unha parexa sitúase enfrontada na porta ou entrada do recinto, obligando ao asistente a cruzar ese vacío-cheo, violentando o abismo que separa os corpos e rozándoos co seu pasar. Ésta si é unha reflexión interesante.

Marina-Abramovic1

Non obstante, a contemplación, a práctica budista descafeinada, a meditación sen reflexión, coa que nos brinda Marina a súa performance estrela, paréceme que funciona en base aos defectos da propia sociedade e non polo valor intrínseco da mesma. É a sociedade do consumo, pantallocrática, onde todo é espectáculo, a que precisa estas situacións «anti-alienantes», onde dous seres humanos sen coñecerse son capaces de poñer de manifesto, coa mirada, o abismo que os separa, consecuencia da perda posmoderna do relato colectivo. Esa necesidade de amor humano (fronte a abundancia de amores-máquina), simple e puro, é o que fai da performance de Marina un éxito total. A xente chora, sinte, emociónase. Están case a punto de salvar o abismo da «separatidad» como diría Erich Fromm, esa separatidade alienante do devir posmoderno e capitalista. Esta práctica, con todo, móstraseme como unha vacuna, unha pequena dose de realidade (fronte a hiper-realidade da sociedad espectacular, tamizada por miles de pantallas ontolóxicas) que, ao non estar acompañada da súa debida reflexión, quédase nun vacuo remedio que posibilita que nada haia mudar verdadeiramente.

De novo, un certo Arte contemporáneo brinda una práctica sen contido, puramente formal, unha pequena dose de provocación para excitar o consumidor, un tímido e políticamente correcto revulsivo para que o alienado cidadán norteamericano saia por uns instantes do seu estupor para voltar a él rápidamente cando saia pola tenda de souvenirs.

Marina Abramović: The Artist Is Present Photo by Marco Anelli. © 2010 Marco Anelli

Marina Abramović: The Artist Is Present Photo by Marco Anelli. © 2010 Marco Anelli

Guillermo Rodríguez Alonso

Graduado en Historia del Arte por la Universidad de Santiago de Compostela, Máster en Estudios Comparados por la UPF y Doctorando en Filosofía Contemporánea por la USC. Natural de Vigo y residente en Val Miñor.

Deja un comentario