«Terra» novo videoclip de Dakidarría

Temos o pracer de presentarvos o décimo corte de «….Utopias Emergentes» do veciño grupo DAKIDARRÍA.

857460_537107902988052_131345103_o

Estreado fai tan só hora e media na red a través de os portáis «Maldito Records» e «GZMúsica», este traballo va máis aló dun videoclip, sendo tamén reflexo da contracultura musical galega e dun frente que loita pola historia e a cultura

Este videoclip, levado a cabo polos profesionais de Samthing Visual, supón unha nova forma de promoción e de traballo, recorrendo boa parte da xeografía galega e mantendo contacto coas súas xentes, as cales son o prato forte deste novo proxecto.

En «Terra» poderedes atopar colaboracións de persoaxes tan relevantes da música galega coma:

Suso (Soak)
Petetas (Tiro na Tesa e Falperrys)
Paulo (Skarnio e Liska)
Javi (Heredeiros da Crus e Jabón Blue)
Esteban (Skacha e Falperrys)
Xurxo (Diplomáticos de Montealto e Os Tres Trebóns)
García (Dios Ke Te Crew)
Kike (Kallaikoi)
Vituko (Ruxe Ruxe)
Come (The Skarnivals)

Comunicado da banda:

“Tempo atrás queda esa primeira reunión, alá por finais de setembro, onde nos xuntamos para comezar a dar forma ó que sería o noso próximo gran proxecto, un videoclip que mostrase a nosa identidade, o que somos, o que defendemos, e que mellor forma de facelo que mostrando a nosa Terra. Plantexamos un proxecto ambicioso e complexo, proxecto que só podería ser posible xunto os nosos irmáns de Samthing Visual e xunto a inestimable axuda dos nosos amigos e compañeiros: Suso de Soak, Petetas de Tiro na Tesa e Falperrys, Paulo de Skarnio e Liska, Javi de Heredeiros da Crus e Jabón Blue, Esteban de Skacha e Falperrys, Xurxo de Diplomáticos de Montealto e Os Tres Trebóns, García dos Dios Ke Te Crew, Kike de Kallaikoi, Vituko Ruxe Ruxe e Come de The Skarnivals.

A nosa idea era refrictir o amor pola nosa Terra, inmortalizala tal e como é, tal e como a vemos, a Terra onde nos criamos, onde nos fixemos maiores, crecendo tanto musical como persoalmente, a Terra que fixo do grupo o que é agora e a que nos levou a percorrer tantos e diversos paraxes e a vivir tantas e tantas historias.

Ese sentimento que se chama Terra podedes velo dende os portais de Maldito Records, GZMúsica e por suposto de Dakidarría.

DÉCIMO ANIVERSARIO!

Terra é só o principio do que será este 2013, ano no que celebramos o décimo aniversario de Dakidarría e que estará composto de máis proxectos que iremos desvelando ó seu debido tempo. A nivel de concertos atopámonos en plena programación da xira, que comezará forte a principios de maio no Viña Rock 2013. Teremos algunha que outra sorpresa, estade atentos as nosas redes!»

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente. Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Deja un comentario