POZOAMARGO estrearase no XII Festival de Cine Europeo de Sevilla

POZOAMARGO, dirixida por Enrique Rivero, estrearase mundialmente na XII edición do Festival de Cine Europeo de Sevilla.

O director hispano-mexicano Enrique Rivero presentará a súa terceira longametraxe, titulada POZOAMARGO, na Sección Las Nuevas Olas da XII Edición do Festival de Cinema Europeo de Sevilla o próximo 12 de novembro. Tralas súas premiadas dúas primeiras películas, PARQUE VÍA (Leopardo de Ouro e Fipresci en Locarno 2008, Ingmar Bergman International Debut Award do Festival de Gotemburgo en Suecia e o Golden Crown Pheasant de Kerala en India) e MAI MORIRE (Mellor fotografía no Festival de Roma), Rivero estrea a súa seguinte produción filmada, por primeira vez, principalmente en España.

bbb

POZOAMARGO fálanos sobre a forza do desexo, a culpa, a covardía froito da incapacidade de afrontar as consecuencias dos actos e o autocastigo, aínda que tamén nos mostra que ás veces se abren portas para redimirse. Enrique Rivero observa e plasma principalmente a rexión de Castela – A Mancha cun sentido privilexiado da estética, coas súas extensas terras de cultivo de vide e oliveira e a súa xente traballadora que parecese estar suspendida á metade da nada; creando unha nova mirada sobre esta rexión española, e sobre a localidade manchega na que se rodou gran parte do filme e que dá título á película, Pozoamargo. Ademais, outros municipios da provincia de Conca e Albacete, como A Roda ou Casa das Lombas, tamén foron testemuñas desta película que converte a incrible paisaxe e a chaira manchega nun personaxe máis da historia.

Rivero, mesturando unha vez máis realidade e ficción, filmou tanto con actores como con xente da localidade de Pozoamargo e arredores, contando con Jesús Gallego como protagonista e Natalia de Molina, galardoada co Goya á Mellor Actriz Revelación en 2014.

 

SINOPSIS

Cando Jesús se decata de que contraeu unha enfermidade venérea, decide fuxir e refuxiarse no campo manchego traballando como campesiño. Desexo, culpa e autocastigo acompáñano como unha sombra. Con todo, unha serie de sucesos abriranlle a posibilidade de redimirse.

zeitunfilms.com/es/dev/pozoamargo

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente. Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

2 comentarios

  1. Por que falades aquí de PozoAmargo e non das demais longas e curtas galegas que tamén se estrearán neste festival? Penso que a principal característica deste ano no festival é a abundante presencia galega, e chámame atención que só faledes deste filme, e gustaríame moito saber por que deste si e dos outros non. Gracias

    • Bo día Iago,

      Recibimos a nota de prensa da estrea de Pozoamargo por zeitunfilms e a publicamos. Somos un grupo de rapazas e rapaces que facemos este proxecto con cariño e que, desgraciadamente, non podemos estar a todo xa que o facemos nos nosos ratos libres.

      Sinto moito non haber dado cabida ao resto de curtas xa que nin sequera sabíamos que había máis curtas galegas neste festival.

      Se queres axudar a que a revista de máis cabida ao audiovisual galego e non volvamos meter a pata deste modo te invitamos a colaborar como redactor de contidos web (como ben apreciaches, nos fan moita falta máis membros no equipo para non cometer tantos erros) e tamén te animo a que todo o que queiras que teña difusión no lo mandes por mail e intentaremos darlle cabida.

      Moitas graciass polas críticas, sen elas non teríamos opción a mellorar.

      Un saludo,
      Marta Villar Cruces

Deja un comentario