Obradoiro de Guión Cinematográfico no Cineclub Lumière

Xa está aberta a matrícula para o obradoiro de escritura cinematográfica que se impartirá os Xoves ás 18:00 na oficina do Cineclub Lumière en Vigo.

A duración do mesmo é de 12 sesións dunha hora e media cada unha e o custe do curso é de 30 euros ó mes (90 en total). A data prevista de inicio do curso é o 8 de Maio.

Os contidos do obradoiro, dividido en dúas partes son:

Primeira Parte:

Formato Profesional: tipo de letra, interlineados, situación dos diálogos, voces en off e todo o necesario para que os guións teñan o aspecto que se require en cualquera concurso ou produtora.

Recursos do guión: as chamadas telefónicas, os cortes, os fundidos, os encadeados, as secuencias de montaxe e os planos secuencia.

O punto de vista: é a lección máis importante desta primeira parte xa que é o que convirte  calqueira historia en orixinal.

Estrutura simple: historia en tres partes, os puntos fortes, o detonante, o clímax, a cuestíón dramática e os puntos de xiro.

Ao longo da primeira parte escribiránse distintos exercicios a modo de curtametraxes completas e con premisas sinxelas: “Atrapado sen saída”, “Curta con contestador”, “Peixe fora da auga” e “O Obxecto do deseo”.

Segunda Parte:

Distintos conflitos: o conflito relixioso, o histórico, de xénero, sexual, interior, amoroso, etcétera. Cómo poderemos acertar na elección del conflito axeitado.

Modos de intensificar la historia: as tres “D” (Desatinos, Desafíos e Desvaríos) e o triángulo MOO (Motivación, Oposición y Obxectivo).

Estratexias do primeiro acto: o detonante, seguir á personaxe tocada, os puntos de xiro.

As forzas antagonistas: o malo non é sólo un. O malo podes ser ti mesmo.

Construcción da escena: obxectivo, personaxes, valores da escena.

Exercicios da segunda parte: “O amor en Vigo”, “Corto maldito”, “Como arruinarlle a vida a alguén en 10 minutos”, “Corto de sexo”, “Corto de dous minutos”, “Catarata de obstáculos”.

Imaxe obradoiro de guión

:::::::::::::::::::::

Para solicitar máis información pódese escibir a joemanda@hotmail.es ou chamar ó 627 211 948 (Fernando)

:::::::::::::::::::::

logo Cineclube

 

Deja un comentario