O Son das Mámoas

O festival “O son das mámoas” celebra a súa terceira edición como festival clausura do verán.

O 21 de Setembro celebrarase, na parroquia viguesa de Candeán, o III festival “O son das mámoas”, que terá lugar ao longo de toda a xornada mesturando actividades creativas de diversas disciplinas para tódolos públicos, sen excepcións, xa que a entrada será de balde.

Xa pasaron tres anos dende que un colectivo de rapaces desta parroquia comezou a loitar por cumprir este sono, organizar un festival que dera homenaxe á cultura da zona, á cultura galega e no que puideran participar e gozar os veciños e todo quen quixera achegarse.

386299_423916437644338_1250849953_n

Así foi como xurdiu o conto, e desta maneira, por terceiro ano consecutivo, nos invitan a achegarnos ata Candeán para desfrutar, non só da música, se non tamén do resto de alternativas que nos achegan.

Este proxecto nace para cambiar a imaxe que ten a sociedade da mocidade e, o máis importante, difundir a cultura no entorno máis achegado, dando forza á mensaxe de que coa unión do pobo, con ilusión e ganas, se pode lograr calquera cousa, por moi tola que pareza, como por exemplo, organizar un festival.

Pero imos ao importante… Qué é o que ocorrerá este ano en 0 son das mámoas?

Tras un par de edicións as espectativas non paran de medrar e eles van estar á altura con novas ideas e mantendo as actividades que xa se converteron no seu selo, coma obradoiros para os máis cativos, o xantar popular (foliada incluída) e os indispensables concertos nocturnos.

E… Que hai de novo?

Nesta terceira edición introducen o “Espazo de arte” adicado ás artes plásticas e escénicas contando, entre outras sorpresas, cunha exposición pictórica que non deixará a ninguén indiferente.

A esta iniciativa expositiva súmanse outras disciplinas; este é o caso do concurso bandas O son das mámoas, que terá lugar o 17 de Agosto en Candeán rematando 24 no Torreiro da Festa, ofrecendo así unha oportunidade e aportando visibilidade bandas veciñas máis novas.

Este ano aos obradoiros da tardiña se sumará unha exhibición de arte urbana e unha competición de break-dance, compartindo espazo cun escenario de micro libre, no contarán, entre outros, con García MC, integrante de bandas como Labregos do tempo dos Sputniks ou Dios ke te crew, acompañado por Dj Mil e despedindo así as actividades diúrnas.

Nós non imos perdernos este evento multidisciplinar que terá lugar o 21 de Setembro no que toda a organización nos agasalla co seu esforzo e nos contaxia coas súas ganas

O son das mámoas en facebook

 

HAZ CLICK AQUÍ Y VISITA CROA16

Deja un comentario