Novo disco de Terbutalina: A MUERTE

Inda non os coñeces?

Dende a súa formación en 2010, Terbutalina non parou de tocar, de medrar y facer pasalo ben. En menos de tres anos, estes cinco monógamos e promiscuos das Rías Baixas pasearon o seu intenso garage-punk por salas, festivais e festas de todo o país. A mellor mostra do rebumbio que teñen organizado está nos seus directos, nos que non existe a marxe para o descanso.

Máis de setenta festivais e salas de toda Galicia bailaron, cantaron e resultaron vítimas directas do espírito de festa da Terbutalina nos últimos anos.

Terbutalina conta con seis traballos discográficos e colaborou con colectivos como o Galician Bizarre. Todos os seus discos foron autoeditados, están dispoñibles en libre descarga de maneira gratuíta e nunca se publicaron en formato físico.

Máis de setenta concertos en 3 anos e nin un disco vendido?

1521208_666439553407493_423839287_n

 

A MUERTE

A qué esperades pra devorar o seu novo traballo?

Xa se pode disfrutar das dez novas cancións que supoñen unha evolución na liña creativa da Terbutalina e dan forma á rabia, ao entusiasmo e á decepción. O seu sexto traballo mantén e incrementa a intensidade e a actitude propia dos seus anteriores traballos, mais a composición e as melodías gañan peso e fondo.

A muerte foi gravado nos estudios A Ponte (Niño y Pistola, Das Kapital, Cró!) baixo a observación e a dirección orquestral do grandísimo Tomás Ageitos. O deseño da capa corre, como é marca da casa, por conta de Arinspunk.

1836943_688248584559923_2114825640_o

A súa xira de presentación comezará na Sala Capitol de Santiago de Compostela e vainos levar a percorrer boa parte de España. Algúns destes concertos programaranse dentro do programa Artistas en Ruta, para o que foron seleccionados no primeiro semestre de 2014.

www.terbutalina.net   ·   www.facebook.com/terbutalina   ·   twitter.com/Terbutalina   terbutalina.bandcamp.com   ·   youtube.com/somosterbutalina   ·   soundcloud.com/terbutalina

Deja un comentario