Limiar Teatro en CROA01

Disciplina: Teatro.

 

Chámanlle a «Marquesiña» e os seus peíños endexamais se calzaron. Vai á fonte, depelica patacas e chámanlle a «Marquesiña».

Non foi á escola por non ter chambra que pór e chámanlle a «Marquesiña».

Non probou máis lambetadas que unha pedra de zucre e chámanlle a «Marquesiña».

A súa nai é tan probe que traballa de xornaleira na casa do Marqués. ¡E aínda lle chaman a «Marquesiña»!

Castelao.

 

Navegantes do caos na aldea global, na era das comunicacións, baixo a arañeira virtual. Un mundo contemporáneo cheo de posibilidades para o espallamento cultural.

Limiar teatro leva a súa andaina , recuperando , e gozando do valor da oralidade. Nace a finais de 2009 e neste breve tempo leva producido catro espectáculos e realizado máis de 200 representacións por toda a península ante máis de 20.000 persoas.

Desde os seus inicios Limiar ten traballado con diferentes asociacións a prol da cultura galega e o noso patrimonio como Ponte nas Ondas, Escoitar.org ou o Proxecto Terra, premio nacional de urbanismo 2010.

Do mesmo xeito as súas produccións contan co respaldo de importantes institucións como o Centro Dramático Galego, a Unión Europea, o Ministerio de Cultura de Portugal, o Xacobeo ou o Museo Verbum (Casa das Palabras de Vigo).

Conseguimos a través da nosa proposta teatral, promover a cultura viva, nunha viaxe onde somos levadores do mellor da creación poética e da creación cultural no idioma Galego.

Un luxo herdado, presente,entre as novas e vellas xeracións, para que sexan coñecedores e portadores deste Tesouro acumulado ó longo da Historia, do que nos sentimos orgullosos de conservar e transmitir, coma punto de partida para novas creacións.

Cultos queremos ser, é así crear cultura. Sabedores da existencia de séculos escuros, castracións, rexeitamentos, queremos achegar á cultura galega, o noso humilde compromiso, xogando a recrear os xenios da nosa Poesía, e creadores do Idioma.

Nos escollemos o teatro, para levar este discurso polo mundo, e camiñaremos na procura de receptores, que queiran compartir con nos esta fermosa viaxe. Andaremos por colexios, casas de Cultura, fragas, carballeiras, soutos, grandes auditorio, garaxes, calquera lugar onde haxa receptores interesados.

Na actualidade, malia os tempos que o teatro galego sufre, levamos dous espectáculos á escena:

Verbum Fahrenheit é un espectáculo interactivo e didáctico baseado na novela Fahrenheit 451 que combina a narración, a música en directo, e os monicreques para contar a historia dos homes libro.

É a historia de dous homes, dous presos que comparten un mesmo delicto: ler. Ler nunha sociedade onde a lectura está prohibida e os libros son queimados por bombeiros incendiarios.

Coproducido por Limiar teatro e o Verbum – Casa das Palabras de Vigo coa colaboración de Ponte nas Ondas e o Concello de As Pontes.

Creemos tanto nesta proposta,que nos mesmo a declaramos «Permanente», ou sexa ,que durará mentres nos duremos, é incluso tentaremos deixalo en herdanza, para que outros actores o queiran representar. Pode esta sexa a orixinalidade da nosa proposta, a permanencia no tempo, e a repetición constante.

Necesidades de crear un imaxinario colectivo, vivo é creativo, onde o teatro goza de posibilidades ilimitadas, para ocupar espazos, que os demais rexeitan. Espazos cultos, nunha sociedade culta. Así que , nos declarámonos honrados levadores creativos e transmisores de Rosalía, Curros, Novoneyra, Manuel Antonio…

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Deja un comentario