LEMBRADEIRA – por Mari Carmen Martínez

0_logo
LEMBRADEIRA é un proxecto final de deseño gráfico nado na escola Aula D, adicado á preservación e posta en valor da memoria rural. Sendo consciente dos cambios xeracionais, sociais e da importancia desta forma de vida, este traballo procura salvagardala mediante as lembranzas da xente do rural.

Existe unha tradición que consiste en gardar as cousas preciadas. Unha vontade de conservar e exhibir aquilo que nos emociona, que forma parte da nosa historia máis persoal ou colectiva. LEMBRADEIRA é un proxecto que intenta facer honra a esta tradición, apostando pola preservación e posta en valor da memoria rural. Procura salvagardar unha forma de vida tal e como era ó longo do século XX, tal e como a recorda a xeración maior que aínda continúa con esta filosofía. Eles, ca súa forma de vida, conforman unha maneira de ser e de facer as cousas, tan valiosa e importante que é merecedora de ser achegada e transmitida ás novas xeracións.

1_PROXECTO_PRESENTACION1

O proxecto, trata de potenciar certos rasgos rurais coma a concepción temporal baseada nas estacións do ano e a vinculación especial co territorio a través dun libro. Esta publicación, fainos descubrir lembranzas, anécdotas, lendas, refráns, tradicións, remedios e tantas outras historias contadas de primeira man polos veciños de Coiro, parroquia onde resido. Esta xente que me rodea, aínda comparte certos aspectos da forma de vida rural do século XX.

0000

LEMBRADEIRA, o nome do proxecto, é a unión entre lembranza e eira, un término en desuso que ven a significar “algo digno de recordación”, que nos enfoca cara algo valioso e memorable, pero que tamén fala do pasado e do rural galego.

Para a imaxe do proxecto, procurouse un equilibrio entre tradición e contemporaneidade, xa que se transmiten ideas do pasado, pero interesa que o público de xeracións novas se achegue. As referencias a Galicia tamén resultaron importantes, por que estamos a remitir a unha esencia rural que pertence a un pobo moi concreto, pero sen caír en recursos demasiado folclóricos. E para rematar, existen certos valores que se asocian ó rural como son a calidez, a amabilidade, a artesanía e mesmo a natureza, que resultan interesantes á hora de transmitir os ideais desta forma de vida.

O libro, o protagonista do proxecto, ademáis de ser un medio que intenta transmitir e poñer en valor unha forma de vida, procura ser o enlace entre a xeracións nova e maior pertencente ó rural. O concepto no que se basea é o recorrido. Buscouse potenciar mediante o deseño a importancia que teñen as estacións no rural, por iso, a medida que se avanza nas memorias, vanse tixindo de cor as páxinas que visitamos, realizando transicións dunha estación a outra, sen necesidade de establecer capítulos ou bloques taxantes de información. Tamén se buscou demostrar o valor que ten o territorio nas lembranzas introducindo un mapa ó comezo. Nel, sitúanse algunhas das memorias transcritas na publicación, vinculándose ca zona concreta onde sucederon.

000000
Para difundir LEMBRADEIRA e invitar á participación, creouse unha colección de postais e unha plataforma web. A colección conforma o obsequio promocional do proxecto. Ademáis de contribuir á difusión, tamén constitúe un método de colaboración, posto que co seu envío estase a aportar máis lembradeiras (memorias) ó proxecto.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Á hora de entregar o regalo, este envólvese en papel kraft e amárrase con fío de bramante, que lle confire un aire humilde e tradicional. Isto trataría de facer fincapé en que estamos a soster algo para enviar, algo que precisa ser compartido.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

A web de LEMBRADEIRA ten como función presentar, dar a coñecer e difundir o proxecto, pero ademáis, pretende continuar preservando a memoria rural, manter vivo LEMBRADEIRA.

Deste xeito, na plataforma, existen seccións colaborativas ou participativas, onde se invita ós usuarios a enviar e compartir aquilo que consideran valioso do rural: historias, tradicións, imaxes…

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Dende unha perspectiva humilde, LEMBRADEIRA pretende ser unha homenaxe a tódalas persoas que adicaron a súa vida a traballar no campo. Para a xente que non o traballou, non busca máis ca que intenten establecer unha conexión ou relacionarse co que aquí se conta, entendendo o valor das lembranzas para poder preservar esta forma de vida digna.

lembradeira.com

marimartinez.es

HAZ CLICK AQUÍ Y VISITA CROA26

Deja un comentario