IV O Son das Mámoas

Outra vez chega Setembro, época de fin de verán e comezo do curso e para nós dunha nova edición do festival O Son das Mámoas. Por cuarto ano consecutivo chegamos a estas datas cheos de ilusión porque comece unha vez máis o día dos Mouros.

Para os que aínda non coñecedes a manada mamoeira, dicirvos que somos un grupo de xóvenes (e non tan xóvenes) da parroquia de Candeán e arredores que no ano 2010 comezamos esta tola andaina. A idea xurdiu dun grupo de amigos que viu a necesidade de cubrir un oco baleiro na escena lúdica e cultural da súa parroquia. Así deu comezo a primeira edición do festival chea de esperanzas e soños: a esperanza de ver unido a todo un pobo, que todas as xeracións compartiran un día de ledicia e xuntos soñar con que as cousas puidesen cambiar.

CARTEL sondas sp 72ppp

E así pasaron os anos e no campo da madroa, o noso particular recinto de festas,  puidemos ver e disfrutar con tódalas formas de cultura que por aquí pasaron: artes plásticas, artes escénicas, música e baile; representadas en múltitud de formas; graffitis, esculturas, pinturas; magos, contacontos, actores; gaitas, trompetas, e guitarras; baile galego, break dance e por suposto Pogos.

E aquí seguimos percorrendo este camiño cada vez máis fermoso e máis ateigado de xente. E a nosa teima non mudou nin un ápice , seguimos vendo as inxustizas que nos rodean e seguimos querendo berrar contra elas, empurrar para que caian e o seguimos facendo con a nosa mellor arma… ¡A CULTURA!

Por todo isto este próximo 12 de setembro seguimos apostando pola mesma receta que nos trouxo ata aquí. Nesta cuarta edición poderemos bailar dende as primeiras horas da tarde coa nosa tradicional foliada popular, mentras os máis cativos aprenden e divírtense nos obradoiros e xogos populares, pasearemos entre cadros e esculturas no espazo de arte, onde veremos unha das sorpresas  de este ano o body paint, o baile estará representado un ano máis cunha exhibición de break dance, e seguindo coa cultura urbana volvemos a contar nesta edición co micro libre de rap onde teremos como artista invitado a Hermy Mc. Cando o solpor se achegue e o solo comece agocharse nas Illas Cíes, estaremos escoitando un harmonioso concerto de reggea con Pablo Cameselle e a súa banda. Coas estrelas xa lucindo sobre as nosas cabezas deixaremos o resto das nosas forzas para berrar,brincar e bailar coa longa noite de concertos que nos brindarán cinco grupos da nosa terra: Labregos do tempo dos Sputniks, Caimán do río Tea, Nao, Skarnivals e Xenderal. E para rematar recibiremos outra vez o sol bailando co Dj Invasive. Como vedes un día completo,totalmente de balde e con moitas máis sorpresas (non iamos a desvelar todo non?) que non vos podedes perder.

Esperámosvos a todos o 12 de setembro no campo de Candeán para o IV O Son Das Mámoas, compartide con nos este camiño. Berremos todos xuntos. VIVA O SON DAS MÁMOAS!!

 

osondasmamoas.wix.com

facebook.com/osondasmamoas

Deja un comentario