III Minho Reggae Splash

Quen o coñece repite, porque ademais de música, espectáculos de rúa, talleres, actividades naturais, o Minho Reggae Splash é sobre todo bo ambiente e diversión. Dous días para gozar dun entorno natural incomparable, o de Vila Nova de Cerveira, e de moito reggae chegado das dúas marxes do Atlántico.

Máis internacional ca nunca, o Minho Reggae Splash celebra a súa terceira edición o 14 e 15 de setembro. Grandes clásicos como o xamaicano Earl Sixteen subirán ao escenario do Auditorio da Vila das Artes, xunto a bandas como os brasileiros Habitantes de Zion. Dende Londres chegará Benjammin e como representantes do reggae luso os Urbanvibsz e o selector Bob Figurante. Non faltarán bandas españolas como os Blueskank ou Versionites, que farán un tributo a Bob Marley & The Wailers, e cruzarán o Miño, os coruñeses One, os vigueses Transilvanians e os ferroláns Natural Green, e dende Compostela Selassie Sound System.

A música fusionarase durante toda a fin de semana coas actividades de rúa, con espectáculos de danza e percusión, representacións de circo e talleres, ademais de actividades deportivas como escalada e andaina popular para nenos e maiores. Pero tamén haberá tempo para o descanso, gozar do sol e darse un baño e nada mellor para iso que a zona de acampada na Praia da Lenda, un espazo natural no río Miño con todas os servizos precisos.

Na súa terceira edición consolídase como un dos festivais de reggae, máis importantes de Galicia e o Norte de Portugal ofrecendo entretemento, boa música e fomentando a interrelación social, a tolerancia e o respecto a natureza.

www.minhoreggae.com

Lorena Otero

Un comentario

Deja un comentario