II Festival Primavera do Cine 2013

Festival de Primavera do Cine

Unha primavera máis, o cine chega a Vigo a través dunha cita coa cultura máis próxima e renovadora.

Arranca o Festival esta noite, a partir das 22.30, coa proxección dos gañadores da pasada edición e un concerto na Praza da Constitución.

Dende o 29 de maio ata o 1 de xuño teremos a posibilidade de contemplar, en tres salas diferentes, longametraxes, curtametraxes (de xénero documental e de ficción) e videoclips, suxeitos a un premio do público. Este ano, abrimos como novidade unha sección de cine infantil, para destacar a potencialidade das películas como ferramenta educativa e de formación.

Este é un festival de cine galego, deseñado como un encontro entre os creadores, as produtoras e o seu público. Tamén supón unha vía alternativa de exhibición nun
momento en que o sector, o mesmo que outras actividades profesionais, pasa por
unha situación delicada. Por iso, parécenos importante que o festival sirva para abrir un debate sobre a produción, distribución e exhibición en Galicia.

+ info do Festival aquí

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Iria F. Mouriz

Deja un comentario