Festival OuBeade 11-12-13 Xullo

Cartel Definitivo jpeg

 

O “Festival OuBeade” ven celebrándose anualmente no Parque Forestal da parroquia viguesa de Beade, e este ano celebra a súa terceira edición presentando un cartaz variazo con tres días de concertos de diversos estilos musicáis. A Asociacón Cultural e Xuvenil Da Cereixa quere así consolidar un evento que forma parte xa dos acontecementos de interés na axenda cultural estival das Rías Baixas, cunha interesante e dinámica forma de achegar a música e a cultura autóctonas a todo o público asistente que, de forma gratuita, terá a ocasión de disfrutar os días 11-12 e 13 de Xullo de máis de 15 concertos con zona de acampada con todos os servicios nun marco natural ubicado nun dos emprazamentos máis privilexiados da comarca viguesa.

 

O “OuBeade” conta tamén cun apartado adicado aos máis cativos na tarde do sábado 13: “OuBeade pikariñ@s”: Xogos Populares, Obradoiros, Clown e Contacontos, sección na que este ano participa “O Señor Gravata Torta”.

Súmase á organización do evento o colectivo “Solucións Extremas” que aportara a súa visión máis “Underground” na noite do Xoves 11 e que dará o pistoletazo de saída a 3 xornadas de “OuBeos”.

Algunhas das bandas que pasarán polo “OuBeade 2013” serán Os Podridos, Mutant Squad, Fanfarria Taquikardia, Skándalo Gz, Caldo de Cultivo, Strangled with Guts, Rojo Dos, Pelepau, Kógito, Carcomedhi, Beer Seekers, Blast Off, Ladrillo Tabikón ou Dj Do Pe Selekta entre outros.

Todo isto é de balde e tan só a 500 metros da Cidade Universitaria de Vigo (CUVI).

Máis información en www.oubeade.com ou en facebook

Marta Villar Cruces

Diseñadora Gráfica. Tras estudiar Gráfica Publicitaria en AulaD en Vigo, comenzó este proyecto, al que, con el paso del tiempo, se ha ido uniendo mucha gente. Actualmente compagina su actividad como Autónoma con la dirección de CroaMagazine.

Un comentario

Deja un comentario