CURSO DE ESCAPARATISMO
O escaparate é a carta de presentación máis visible e recoñecible dun local comercial asemade o punto de atracción principal dende a rúa. Non é soamente un lugar para expoñer unha gran cantidade de produtos postos á venda senón tamén o reclamo que permite seleccionar o público obxectivo ao que nos diriximos.
A súa estratexia de comunicación non está vinculada necesariamente coa inversión económica porque os pequenos presupostos pódense superar con imaxinación e creatividade.
Este curso introdutorio ao escaparatismo, máis aló dos convencionalismos, está pensado para persoas interesadas no mundo do deseño, o interiorismo e a arquitectura e autónomos que teñen un local comercial onde mudar eles mesmos o seu propio escaparate.
CURSO DE DISEÑO GRÁFICO
O proceso de aprendizaxe está baseado nunha mixtura de clases teóricas e informativas, manexo dun programa informático de ilustración (Adobe Illustrator) e clases prácticas. A posta a proba dos coñecementos aprendidos verase reflectida na realización dun proxecto de imaxe corporativa sobre o que se traballará durante o curso.
CURSO DE REFORMA INTERIOR DE VIVENDAS
A vivenda é unha das cuestións máis complexas que abordamos dende o deseño de interiores, dada a cantidade de actividades diferentes ás que debe dar resposta para satisfacer as necesidades dos seus usuarios, polo que asumimos que ”a vivenda é unha máquina de habitar”. Non obstante, a vivenda custodia os nosos recordos, vivencias, memorias, … reflexa a nosa persoalidade, e dicimos “como na casa de seu non se está en ningures”.
As transformacións tecnolóxicas, estéticas e sociais acontecidas nos últimos anos, precisan da adaptación das nosas vivendas. Pequenos cambios, que non implican un grande desembolso económico poden permitir esta actualización.
Como novidade e complemento, este curso está pensado para que os asistentes queden capacitados para realizar bosquexos en 3D que lles axuden a idear e amosar os espazos e obxectos deseñados.