Ciclo ‘Material Memoria’ no MARCO

 

Esta fin de semana reiníciase o ciclo ‘Material Memoria’ no MARCO

 

Venres 17 e sábado 18, cunha peza escénica de Miguel Bonneville

Miguel Bonneville #6

Tras a paréntese das últimas semanas, este venres e sábado reanúdase no Patio 1 do MARCO o ciclo ‘Material Memoria’ —programa de artes escénicas e cine comisariado por Pablo Fidalgo Lareo dentro da exposición VERANEANTES—, cunha peza escénica do creador portuguésMiguel Bonneville.

 

Miguel Bonneville #6

Venres 17 e sábado 18 de xaneiro, ás 19.30

Patio 1 (planta baixa)

ENTRADA GRATUÍTA. Prazas limitadas ata completar aforo

image003

“En Miguel Bonneville #6 empezo unha nova fase do meu traballo. Un traballo cunha filosofía máis profunda sobre a identidade. Sobre os temas de autoría, orixinalidade, soidade, identidade, narcisismo, autobiografía. As autobiografías realizadas por mulleres sempre foron, ao longo da historia, vistas como incompletas, descontinuas, incoherentes, fragmentadas ou privadas. Así tamén vexo o meu traballo porque sei que unha autobiografía coherente, continua e narrativa segue sendo unha imposibilidade. Sempre será incompleta, en continua transformación e rexeneración”.

Trailer subtitulado 

Ficha técnica

Concepción e Interpretación: Miguel Bonneville

Colaboración: Sofía Arriscado, Joana Craveiro, Joana Linda, Rita Só, Cláudia Varejão, Sara Vaz

Edición: Sofia Arriscado

Deseño: Inés Ferreira, Joana Linda

Fotografía de escena: Ynaiê Dawson

Coprodución: Duplacena

Co apoio de: Eira, Instituto Ibérico de Línguas 

Duración: 80 minutos aprox

Miguel Bonneville (Porto, 1985) completou os cursos de “Actuación” na Academia Contemporânea do Espectáculo (2003), “Artes Visuais” na Fundação Calouste Gulbenkian (2006), “Autobiografías, Historias de Vida e Vidas de Artista” no CIES.ISCTE (2008) e “Arquivo  – Organización e Mantemento” no Citeforma (2013). A través de performances, debuxos, fotografías, música, libros de artista, preséntanos historias autobiográ!cas centradas na destrución e reconstrución da identidade. Bonneville presenta o seu traballo en galerías de arte e festivais internacionais, en particular en España, Alemaña, Polonia, Estonia, Italia, Arxentina, EUA e China. Colabora regularmente con artistas como Carlota Lagido, David Bonneville, Sonia Baptista, Joana Linda, Joana Craveiro e Maria Gil, tendo colaborado tamén con Francisco Camacho, Teatro Praga ou La Ribot, entre outros. Foi artista residente no Sítio das Artes, en CAMJAP-Fundação Calouste Gulbenkian (Lisboa, 2007), en Homesession (Barcelona, 2008), en Mugatxoan na Fundação de Serralves (Oporto, 2010) e no Festival Transeuropa2012 (Hildesheim, 2012).

www.miguelbonneville.com

+ INFO sobre o ciclo completo ‘Material Memoria’ no programa de man: dispoñible en taquilla MARCO e para descarga na web.

 

Deja un comentario