CeMAC 2013 «O audiovisual galego: presente cambiante e alternativas de futuro»

Audiovisual galego

Director do curso
Miguel Anxo Fernández

Director do Taller Audiovisual
Paulino Pérez Feijoo

Datas
17, 18 e 19 de xullo de 2013

Lugar
Auditorio Municipal Ilduara de Celanova (AMIC)

Matrícula
Alumnos da UVigo, bolseiros do Ministerio de Educación ou doutras axudas económicas: 30€; Alumnos non bolseiros, persoal docente e PAS da UVigo: 45€; Cidadáns censados no Concello de Celanova: 45€; Amigos da Fundación Carlos Casares: 45€; Resto de solicitantes: 60€

Prazo de inscripción
Do 27 de maio ao 17 de xullo

Duración
30 horas

Validación
2 créditos de libre configuración ou 1 crédito ECTS

Número de prazas
70

Desprazamento gratuíto
Sairá un autobús diante do Edificio Politécnico do Campus de Ourense todos os días ás 8.30

Aloxamento gratuíto
O Concello de Celanova ofrece aloxamento gratuíto aos matriculados no Albergue Municipal. Os interesados deberán contactar co albergue (988.432.201) e resevar as noites que desexan (durante a véspera do comezo do curso e ata a noite do 18 de xullo).

Obxectivos do Curso

A Fundación Carlos Casares, coa Vicerreitoría do Campus de Ourense, o Concello de Celanova e a Deputación Provincial de Ourense, promove o X Curso de Verán de Extensión Universitaria «O audiovisual galego: presente cambiante e alternativas de futuro».

Os obxectivos do presente curso camiñan nunha dobre dirección, sempre condicionado pola muda da nova realidade económica que se está a vivir e, ao mesmo tempo, polo agromo de talento renovado a través dos novos creadores, que están a asomar a esperanza no futuro do sector, mesmo practicando novos formatos e usando a ferramenta difusora das novas tecnoloxías. No curso, optouse por un programa variado que recolle a versatilidade do formato longametraxe (ficción, animación, documental) e, sobre todo, nos formatos online, promovidos na súa meirande parte por creadores novos, dispostos a irromper no mercado cambiando as súas estruturas dende a base con parámetros low cost.

O curso reforza o seu valor co engadido de estar dirixido preferentemente á comunidade universitaria con afán formativo e divulgativo, pero, ao tempo, ao cidadán e á opinión pública, co ánimo de realizar unha diagnose sobre o estado actual do audiovisual producido dende o país, aínda con atrancos para acceder ás pantallas convencionais, sexa para o cine ou para a televisión.

Tres xornadas sobre as que reflexionar como o audiovisual galego debe procurar alternativas de futuro dende a base de que, ao mesmo tempo que a industria, é creación e correa transmisora das sinais de identidade propia, servidos con talento, como se constata a través dos produtos e dos creadores presentes no curso.

Taller Audiovisual. Celanova, plató de ficción

Este taller práctico, dirixido aos alumnos de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, posibilita a produción dunha peza audiovisual nun período de tempo determinado e cun orzamento pechado, ao tempo que permite facer a súa presentación durante o curso.

A producción vai consistir na creación dunha webserie de tres capítulos episódicos que serán presentados cada día do curso e subidos ao mesmo tempo a internet. Durante unha semana os alumnos seleccionados gravarán e montarán os capítulos que compoñen o guión, que será elixido nun concurso de ideas entre todos os alumnos e alumnas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. A selección de actores farase mendiante un casting entre o alumnado da Escola de Arte Dramática de Vigo.

Para consultar o programa completo do curso e cubrir o formulario de inscrición preme aquí.

Iria F. Mouriz

Deja un comentario