A Casa Colorida

DSC04924 copia

O espazo…

A Casa Colorida sitúase na localidade de Nigrán, concretamente na rúa Rosalía de Castro nº 16.

É un edificio cedido que pon a disposición do público espazos cheos de posibilidades: duas salas de usos múltiples, dúas cociñas, un patio exterior, salas específicas de traballo organizadas en función das necesidades, e habitacións reservadas a aquelas persoas que de maneira coloborativa se integren no proxecto da casa, obtendo un troco de vivencia e formación libre.

A historia…

A Casa Colorida abre as súas portas en agosto de 2013. É un proxecto con tan só tres meses de idade, máis tres meses ben aproveitados, onde cada conflicto supón unha oportunidade de crecemento  e as interrelacións persoais que van sucedendo  fan que nos definamos cada día de forma máis segura  e cun maior compromiso.

A hora de emprender esta viaxe nos serve de inspiración e punto de partida as prácticas organizativas e de xestión de espazos propias de Fora do Eixo http://foradoeixo.org.br/, unha crecente rede colaborativa en torno a cultura libre que naceu hai 10 anos no Brasil e que hoxe en día ten un importante impacto social.

A Casa Colorida centra a súa actividade na cultura libre e colaborativa, a través da horizontalidade,  do respeto, e pensando no pro-común,  nun marco de transformación e evolución constante. Esta actividade esta repartida nos seguintes frentes de acción:

DSC04921

Nós Ambiente:

Este frente parte do coidado da relación entre nós e o ambiente, que son un ben común, segundo as ideas da ecoloxía, da permacultura e da sostenibilidade e saúde das persoas, dos pobos, e do noso ambiente.

Aplicando o concepto de cultura libre e a colaboración, tratamos de tomar consciencia do xeito en que a nosa cultura galega modula esta relación, para conservar e poñer en valor o positivo que a caracteriza, e traballar por mellorala e desenrolala entre todos dende a sabedoría e o facer popular.

Temos polo momento proxectos en funcionamento como: Horta Comunitaria, Grupo de Alimentación “DesPensa” Rede de Hortas, comedor Popular todos os martes, e varios outros en proceso.

Palco:

A Casa Colorida da soporte ós artistas segundo as nosas posibilidades ofrecendo un espazo de producción e mostra,  materiais específicos, unha rede de espazos polos que rular, difusión, aloxamento e manutencion durante a súa estancia.  a cambio pedimos que a entrada aos espectaculos sexa preferentemente a prezo libre (recaudación integra para o artista), e a colaboración no funcionamento da casa durante o seu uso.

DSC04926

Media e comunicación:

Pretendemos dar a coñecer o proxecto da casa e as actividades que nela se realizan, así como potenciar o uso e participar na creación de medios de comunicación libres, abertos e autoxestionados. Actualmente estams a traballar nunha ferramenta de comunicación dixital xunto con Lorea, nun servizo de mapeo e axenda local, e na creación dun programa de televisión en atlantida.tv.

Banco:

A Casa promove unha economía social como alternativa ao diñeiro, a través do banco do tempo, do troco, e de outras formas de intercambio non cuantificables que posibilitan a todos o acceso a cultura e as relación económicas dun xeito máis humano.

DSC04940

Educación Libre:

Abarcamos varios proxectos baseados na libre circulación e libre acceso a saberes e experiencias. A Casa ofrece o seu espazo para desenrolar obradoiros a prezo libre, debates, encontros… e como lugar de convivencia. A propia vivencia na casa é unha experiencia formativa na vida en colectivo e nos diferentes frentes de acción común. Por todo isto decimos que a casa é unha Universidade Libre. Polo de agora, temos obradoiros consolidados como Explosionarte (espazo creativo de experimentación artística), cestería tradicional, Vigolabs (laboratorio de software e hardwere libre), e proxectos baseasdos na pedagoxía non directiva como é o Grupo de Crianza.

Rede:

Este frente ocúpase de trazar relacións de colaboración e apoio mutuo con outros espazos, colectivos, entidades… que queiran sumarse para, optimizando recursos e unindo forzas,  ir virando cara  un novo mundo posible.

Estamos desexando que máis xente veña a coñecernos e se anime a participar con nós  deste proceso de contrucción común ¡Agardamoste cos brazos abertos!

DSC04941

casacolorida@fueradeleje.net   ·   986 36 80 40

N-1 – Calendario

Facebook

HAZ CLICK AQUÍ Y VISITA CROA19

 

Deja un comentario