LUGAR:
Fundación Laxeiro (Policarpo Sanz, 15 – 3º, Vigo)
DIRIXIDAS A
Creadoras e creadores en xeral
Estudantes e profesorado de todos os ámbitos artísticos
Público en xeral interesado na arte ou no xénero
DATAS
4, 5 e 6 de novembro de 2013
Que sabemos de nós e das estruturas de xénero que nos conforman?
Estamos construíndo un mundo máis igualitario e tolerante ou limitámonos a reproducir vellos comportamentos?
Como se manifesta a nosa percepción de xénero na arte e na cultura contemporáneas?
Para responder a estas cuestións, a Fundación Laxeiro, en colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra, organiza estas Xornadas sobre arte e xénero que pretenden ser un percorrido polas estruturas de xénero desde as que creamos, percibimos e explicamos a obra artística.
INSCRICIÓN GRATUÍTA
Tlf: 986-43 84 75
(de luns a venres, de 10 a 14.00h)
info@laxeiro.es
PRAZO
Ata o 31 de outubro.
Aforo máximo: 20 prazas adxudicadas por orde de inscrición.
DIRECCIÓN
Dolores Ruiz
Escritora. Máster en xénero. Universidade de Vigo
COORDINACIÓN
Ignacio Pérez-Jofre Santesmases
Artista. Profesor titular da Facultade de Belas Artes de Pontevedra
PROGRAMA
Luns 4, de 19h a 21 h.
A arte ten xénero? Marco conceptual
Martes 5, de 19h a 21h
Canon e creación: o difícil valor da diferenza
Mércores 6, de 19h a 21h
Xogamos co xénero. Traballo cunha obra propia ou allea