Reflexiones de la V edición del Festival Primavera do Cine

Despois do festival Primavera do Cine máis ambicioso de todos estes anos, quixemos falar co seu director, Juan de Castro, para facer unha reflexión do que supuxo esta quinta edición no que a cidade de Vigo se rendiu por completo o sétimo arte.

Máis de unha semana chea non só de obras galegas e lusófonas senón dunha morea de actividades paralelas coma o coloquio sobre o audiovisual galego no que participaron Antón Reixa, Xosé Xoán Cabanas e Moncho Lemos a master class de Mario Iglesias ou a presentación do documental Vigo 1972. A hora da verdade, que profundiza na folga que tivo lugar na cidade en plena época franquista.

Agora, toca agardar a que chegue unha nova Primavera con máis forza ca nunca!

Juan de Castro: “Focalizamos as nosas intencións nun cine social e sentido”

juandecastro_presentacionprimavera

Comecemos polo principio e retocedamos ata o 2012, ano en que se lanzou o festival do cine en pleno corazón da cidade. En todo este tempo que separa o primeiro e mais o derradeiro festival, cal foi a maior evolución que notaches?

Creo que o cambio máis salientable podería sentirse na oferta do festival, esto é máis cine e actividades paralelas. A inclusión da lusofonía foi tamén capital para espallarnos por outros continentes. Con este affair cos nosos primos lusos gañamos unha fonte de cultura e talentos.

Por último, e como é lóxico,  a nosa presencia nos medios e imaxe pública foi medrando aos poucos. Queda moito traballo todavía para consolidarse e ser un evento acorde unha cidade coma Vigo merece. Imos pouco a pouco, intentando mellorar dentro das nosas posibilidades.

Este é, sen lugar a dúbidas, o festival máis ambicioso que se fixo ata agora (55 curtas, 23 longas, eventos diversos, retrospectivas, cine miúdo…) Que expectativas tiñas antes da súa posta en marcha e como foi a realidade? Cumplíronse esas expectativas?

Pois certamente anhelaba que nesta edición houbese unha consolidación do proxecto en tódolos nivéis, sobre todo na repercusión na cidade. Fixemos esforzos e proxectos para que todo Vigo respirara cine nesas datas, máis contamos cun exiguo presuposto para estas accións. Aínda que a afluencia non fora masiva, si que incrementamos o número de asistentes e participantes.

Quédome. para alimentar a ilusión en vindeiras edicións, coas opinións e sentimentos das persoas que acudiron ás citas. Estes comentarios foron moi positivos, tanto na selección de filmes coma coas actividades paralelas desenroladas. Sendo pois a nosa principal labor coidar e satisfacer aos asistentes, quedamos contentos neste aspecto.

Un sinal importante de identidade do evento é que non hai máis xurado que o propio público. Por que?

Si, é algo que chama a atención, máis como dicíamos antes, para o noso festival o público é soberano. O Primavera do Cine naceu co intencion de achegar cine de diversos xéneros á poboación, mais tendo como espíritu apelar a emotividade e ao compromiso.

É por isto que os filmes que resultan gañadores na sección oficial son filmes que realmente conmoveron, remexeron conciencias. E este valoración é máis fiel cando é o mesmo observador, en iguldade de condicións que o máis erudito cinéfilo, o que co seu voto e corazón escolle un gañador. Focalizamos polo tanto as nosas intencións nun cine social e sentido.

 

Sigamos co público. Que é o que máis lles gustou do Primavera?

Realmente tivemos a sorte de contar con algunha xoias que deixaron moi bo sabor aos asistentes, de feito as valoracións foron moi altas e con competencia nos primeiros postos.  Eu destacaría, e tamén a modo de recomendación persoal, a preciosa e sentida Tempo de Manuel Valcárel, e a valente gañadora Frankenstein 04155 de Aitor Rei, claramente recoñecido polo público.

 

Non nos esquezamos de que o festival xorde co obxectivo de promover o sector audiovisual galego, facendo visibles os seus filmes… En relación a isto, como ves a saúde do noso cinema?

Na miña modesta opinón está mellor que nunca, o que está moi renqueante e o apoio das institucións a un ben cultural que debe ser coidado e mantido.

 

Hai pouco que celebramos os 25 anos do cine galego. Todos temos na mente algunha obra que recordamos de maneira máis especial que as demáis… Cal é a túa e por que?

No meu caso, francamente, coido que as máis especiais son as que nos brindan cada novo ano a todos os nosos creadores.

 

Deixémonos levar! Que é o que vos gustaría facer nas próximas edicións do Primavera do Cine?

O primeiro, poder celebralo. Sen medios, algo así e moi dificil mantelo e segundo continuar ilusionado e emocionando tanto coma nos facendoo.

palmares

facebook.com/primaveradocine

Fotos cedidas pola organización del festival Primavera do Cine en Vigo

Celeste Conde Gómez

Deja un comentario